Inauguración da exposición fotográfica "Asómate" de Carlos Lorenzo Pérez

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 24 de outubro de 2008, ás 20.30 horas, na Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago" dos Muíños de Acea de Ama (O Burgo, Culleredo), o acto de inauguración da exposición fotográfica ASÓMATE!, de Carlos Lorenzo Pérez.
A exposición permanecerá aberta ao público do 24 de outubro ao 10 de novembro de 2008, no seguinte horario:
Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
Sábados: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Esta colección agrupa imaxes de ventás ou outros elementos arquitectónicos que serven para ver cara o exterior, ou quizais para curiosear que acontece dentro.
Non é unha exposición de arquitectura, nin etnográfica. Mais apoiase nas edificación e no noso xeito de entender os edificios, amosando do elementos modernos, antigos, emblemáticos, decadencia, ou de especial significado.
Todas as instantáneas foron tomadas en Galicia (Celanova, Pontevedra, Oleiros, Culleredo, Viveiro...), e con elas o autor non pretende nada máis que buscarlle unha estética artística.
A colección a forman fotos en cor, con manipulacións nos seus contrastes e na saturación das súas cores.

Datos biográficos
Carlos Lorenzo Pérez formouse no ámbito da fotografía no Obradoiro Municipal de Fotografía de Carral.
Ten compartido exposicións con outros membros do obradorio carralés, na exposición colectiva Lugo Urbano, Lugo Rural (VII, VIII edición) organizada polo Concello de Lugo, en Carral, ou en "Casa Charry" (Oleiros).
Boa parte da súa produción fotográfica tense adicado a ilustrar carteis e folletos de promoción turística, de programacións culturais, e de diversos sitios web. A súa última produción está no prelo. É o libro-guía "Carral, un concello no bo camiño", escrito por Carlos Lorenzo, e incluíndo máis de 50 instantáneas tomadas polo autor.

Ver o arquivo que se achega.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
carlos lorenzo cartel.pdf 407.04 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina