O FOUNDATION REGGAE FESTIVAL CHEGA A SÚA VIII EDICIÓN

O FOUNDATION REGGAE FESTIVAL CHEGA A SÚA VIII EDICIÓN

Tras consolidarse como único Festival do seu estilo en Galicia e como referente Nacional da Música Reggae e Músicas do Mundo, celebrarase o próximo 6 de setembro a VIII edición do Foundation Reggae Festival, no Paseo Marítimo de O Burgo (Culleredo), organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Culleredo e a Asociación Cultural Negus.

Nesta edición, como en anos anteriores a ENTRADA será gratuíta.

Actuarán grupos de renome e proxección musical, tanto a nivel galego, nacional e internacional:

Ademais da música, completarán a oferta do Foundation diversas actividades paralelas como mercado, talleres, Sound Systems, inchables para nenos, malabares.

Contará tamén con zona de acampada e servizo de autobuses cada media hora e ao rematar os concertos.

Estas actividades da Asociación Cultural Negus organizadora do Foundation arrancarán o día anterior, 5 de setembro, no Forum Metropolitano de A Coruña coa 'proxección do documental: RASTAFARIS - A MÍSTICA DE BOB MARLEY, unha conferencia a cargo de ANDUALEM MULUGETA BEKELE e ALEM DINKENESH MULUGETA: (ETHIOPIA - THE HAILE SELASSIE I MEMORIAL FOUNDATIO   -    ONE NESTA ROOTS) e un concerto de NAYABAND adianto da súa actuación no Festival.

Grazas a Entidades Públicas (Concello Culleredo, Deputación, Xunta de Galicia e o Goberno Canario).como a Entidades privadas (Super Bock, Haley, Asicasa) e colaboradores o Foundation pode celebrar o seu oitavo aniversario e 10.000 persoas (asistencia de público estimada no 2007), poden gozar gratuitamente dun dos mellores festivais de Reggae e Músicas do Mundo nacionais.

A partir das 20:00 h. actuarán grupos de renome e proxección musical, tanto a nivel galego, nacional e internacional:

  • Som do Galpom - Santiago (gañadores do IV concurso galego da A C Negus)

www.myspace.com/somdogalpom

  • Emeterians - Madrid.

http:// www.myspace.com/emeterians

  • Nayaband - Canarias (Grupo invitado polo Goberno Canario)

www.myspace.com/nayaband

  • Elijah & The Dubby Conquerors -Suiza (ganadores do European Reggae Contest).

http://www.myspace.com/elijahch

  • Toure Kunda - Senegal (presentando o seu último disco "Santhiaba" maio2008), Único concerto en España.

http://www.toure-kunda.com

Máis información do festival: http://www.foundationreggaefestival.com

Vista previaAdxuntoTamaño
Cartel Festival Reggae 2008.pdf417.14 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina