Zona moza

A zona moza está pensada para dinamizar e incentivar a participación social por parte da mocidade cullerdense, presentando actividades para mozos e mozas de 12 a 17 anos por unha banda e de 18 a 30 anos por outra.
As actividades realizaranse en distintos edificios municipais do Concello e tamén en entornos naturais do Concello.
Dende a Concellaría de Mocidade agardamos que esta Zona Moza medre coa vosa colaboración, tendo en conta as inquedanzas precisamente dos máis xóvenes.

¿Qué teño que facer para ser socio/a da Zona Moza?
É moi sinxelo, tes que pasar pola Casa da Mocidade sita na rúa Alfonso VII, 1 no Burgo e solicitar o carné da zona moza cubrindo os teus datos persoais. na casa recibirás información sobre as actividades programadas para este verán; tamén facerse socio/a ten unha serie de vantaxes:
- xa que os 100 primeiros socios/as recibiràn un agasallo de benvida.
- tamén poderán disfrutar dunha actividade de balde ao longo do ano 2008.


Programación:
O venres 18 de xullo haberá un Roteiro en bici polo paseo fluvial de Cambre

Saída: ás 17:00h da casa da Mocidade sita na rúa Alfonso VII, 1 no Burgo
Volta: ás 20:00h chegada á casa da Mocidade
Durante o roteiro farase unha Busca do Tesouro entre todos os mozos e mozas participantes.


O sábado 26 de xullo: Monfero Rural
Saída ás: 9:30h da casa da mocidade ata o parque Multiaventura Monfero Rural a actividade consiste na realización dun circuito multiaventura composto de 10 torres de ata 12m de altura, con 15 pasos a superar, 10m entre torres, dúas alturas, tirolina de 70m de lonxitude, rocódromo...
Volta: ás 14:30h na casa da mocidade.
Prezo: 10 € inclúe o transporte en autobús e o circuito multiaventura. Se queres podes levar o xantar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina