O Concello reformará tres plazas públicas sitas en Fonteculler, O Burgo e Vilaboa

O Concello sacará estos días a contratación as obras de reforma de tres prazas públicas para 2008 situadas en Fonteculler, Vilaboa e O Burgo. Así o anunciou hoxe o alcalde, Julio Sancristán, quen indicou que o investimento previsto para estas actuacións superará os 90.000 euros.

Os proxectos enmárcanse no plan municipal iniciado en 2007 para mellorar diversos espazos públicos. Dentro da programación para este ano están previstas actuacións en Fonteculler, coa reforma da praza Castelao; en Vilaboa, cun proxecto para a praza Sacra Familia e para O Burgo co acondicionamento da praza de Galicia.

Neste sentido, os traballos que se realizarán céntranse na mellora do pavimento e a instalación de mobiliario urbano, tanto na praza Castelao como na da Sacra Familia; e en diversos traballos de pintado, limpeza e instalación de mobiliario na praza de Galicia do Burgo.
O primeiro edil anunciou que dentro do mesmo plan, o goberno local ten previsto acometer tamén o acondicionamento da praza de Santa Genma na que se contemplan traballos de limpeza, pintado e instalación de mobiliario e papeleiras.

Pos 2008

Nos próximos días tamén serán contratadas as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos 2008, un plan no que se investirán máis de 500.000 euros en diversas infraestruturas de pavimentación de vías, rúas e a instalación de rede de saneamento a través dun plan financiado polo propio Concello, a Deputación Provincial e o Goberno central. En total o paquete de obras que se executarán inclúense sete actuacións: pavimentación en Conduzo, rúa Carballeira e Santa Bárbara; pavimentación rúa de Cornedo a Cillobre; saneamento do Vilar enm Sueiro; pavimentación da rúa dás Brañas, rúa Branco Amor, Jorge Guillén e Río Quintas; pavimentación rúa Rafael Dieste e acceso a Bregua; asfaltado rúa Ribados a avenida de Rutis e pavimentación rúa Manuel Candamio Fernández.
O primeiro proxecto, de pavimentación de Santa Bárbara, Conduzo e Carballeira conta cun investimento de 66.921 euros e inclúe a limpeza de cunetas e marxes ao longo dun tramo de algo máis dun quilómetro de lonxitude; pavimentación e sinalización. A rúa de Cornedo a Cillobre, a mellora afectará a 1.600 metros de superficie, con pavimentación, limpeza e instalación de sinais. O orzamento neste caso ascende a 89.298 euros.
En canto ao saneamento no lugar de Vilar, en Sueiro, prevese a instalación de tres colectores de 648; 227 e 577 metros de lonxitude respectivamente cun investimento, a máis alta do paquete de obras do plan de Obras e Servizos 2008, de 154.602 euros.
Outro dos proxectos previstos no plan, segundo indicou o alcalde, Julio Sancristán, é o de pavimentación da rua Río de Quintas e Eduardo Branco Amor, con sinalización horizontal cun investimento de 70.138 euros e o de pavimentación de Rafal Dieste e acceso a Bregua por 41.693 euros. Para rematar levará a cabo o asfaltado en avenida Ribados-O Burgo cun custo de 32.853 euros; e o da rúa Manuel Candamio Fernández por 52.353 euros.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina