|
Sanidade
A asociación Alma e o Concello de Culleredo levan a cabo obradoiros de crianza no Burgo
As sesións desenvolveranse no local social de Costa da Lonxa todos os mércores, en horario de 18:30 a 20:00 horas. A iniciativa constituirá un novo espazo de apoio ás familias para a aprendizaxe e intercambio de pautas necesarias para a crianza saudable ata os 5 anos.
AnhidaCoruña inicia en Culleredo obradoiros de apoio psicolóxico e psicoeducativo
Iniciaranse o 4 de febreiro no Centro social municipal de Costa da Lonxa en O Burgo. A iniciativa pretende traballar cos/as nen@s con trastorno de déficit de atención con/sen hiperactividade a interacción e a participación ou a autonomía persoal.
Doazón de sangue no Burgo
A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará situada no Burgo, na praza de Europa, o 8 de febreiro no seguinte horario: Doazón de sangue en Fonteculler
A Unidade Móbil do Centro Transfusión de Galicia instalarse no concello de Culleredo, en Fonteculler, o vindeiro 4 de febreiro. Estará situada ao carón do quisco en horario de 10.00 a 15.00 horas. Doazón de sangue na Corveira
A Unidade Móbil do Centro Transfusión de Galicia instalarse no concello de Culleredo, na Corveira, o vindeiro 3 de febreiro. Estará situada ao carón do parque infantil en horario de 16.00 a 21.00 horas. Exposición "Pel con Pel"
No marco da colaboración que a Concellaría de Sanidade mantén coa Asociación cullerdense Alma e coincidindo no obxectivo de promoción da lactancia materna, a Aula de Natureza Juan Lembeye do Burgo acolle a mostra "Pel con pel". Doa sangue no Burgo
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia está situada no Burgo, na praza de Europa, nas seguintes datas e horarios: Doazón de sangue o venres 30 de decembro en Vilaboa O autobús do Centro de Transfusión de Galicia emprazarase de 16.00 a 21.00 horas a carón da Caixa Galicia de Vilaboa o próximo venres 30 de decembro. O Concello anima aos veciños a colaborar na doazón ante as baixas reservas rexistradas.
Charla sobre lactación materna
O Concello de Culleredo organiza unha xornada pensada para as mulleres embarazadas. Versará sobre a lactación materna e o obxectivo consiste en resolver todas aquelas dúbidas que poidan xurdir sobre o asunto.
|