|
Igualdade
O Concello de Culleredo abre o prazo de inscrición para os obradoiros Enredadas 2.0O Centro municipal de información á muller organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet. A actividade ten como finalidade incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0. Por un Culleredo sen vítimas de violencia de xénero O Concello de Culleredo celebrou, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración na praza de Europa do Burgo. Máis de medio centenar de persoas, entre as que se encontraban representantes do goberno local e dos grupos políticos, dixeron non á violencia de xénero.
V Festival da non violencia e pola igualdade
O V Festival da non violencia e pola igualdade celebrarese no Conservatorio Municipal ás 20.00 horas do vindeiro 25 de novembro. Concentración contra a violencia de xénero
O propio 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, está programada a concentración de repulsa e lectura de manifesto contra esta violencia, no marco da campaña que desenvolve o Concello de Culleredo.
Culleredo emprende a campaña contra a violencia de xénero nos ámbitos social, educativo, cultural e deportivo O Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.
O Centro de Información á Muller de Culleredo abre unha nova páxina web
A dirección www.cimculleredo.org convértese no novo sitio de referencia para a muller cullerdense. Trátase do novo sitio web do CIM que proporciona multitude de recursos e atención ás veciñas do municipio.
Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural cun encontro en CelasO Centro de Información ás Mulleres de Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural co "I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional". Terá lugar o venres 21 de outubro na Reitoral de Celas. Culleredo conmemora o Día Internacional da Explotación Sexual e a Trata de Persoas
O Hotel Crunia, en Fonteculler, acollerá unha exposición fotográfica e unha charla informativa, en colaboración con Médicos do Mundo e as asociacións municipais de mulleres.
Celebración dos XV Encontros de Corais de Culleredo.
|