Anuncios de Selección de persoal

Educador/a social (persoal laboral temporal)

Cualificación da fase de concurso. Recóllese no documento adxunto "valoración concurso (educador-a social)"

Inspector da policía local (promoción interna)

Presentación de solicitudes: Publicado anuncio da convocatoria noBOE nº 20 de 24 de xaneiro de 2012, o prazo para presentar solicitudes queda establecido dende o 25 de xaneiro ao 13 de febreiro, ambos inclusive

Formación de listas de substitución de profesores de música - Piano (persoal laboral temporal)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos e excluídos. (documento adxunto: lista definitiva piano.pdf)

Formación de listas de substitución de profesores de música: frauta, percusión e piano-acordeón (persoal laboral temporal)

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es), co fin de emendar o defecto que motivara a súa non admisión. (documento adxunto: resolución lista provisional.pdf) (O prazo para presentación de reclamacións é do 17 ao 21 de xaneiro, ambos inclusive)

Listas substitución

Bases xerais e listas en vigor. Bases xerais para a selección de funcionarios interinos e persoal laboral temporal mediante listas de substitución e listas en vigor. (ver documentos adxuntos)

XEFE DO SERVIZO DE DINAMIZACIÓN LOCAL (provisión de posto de libre designación)

Convocatoria. Convocase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo "Xefe de sevizo dinamización local".

O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 231 de 2 de decembro de 2011) (prazo de presentación de solicitudes dende o 3 ao 22 de decembro, ámbolos dous inclusive).

Policía local

Prazo presentación documentación. No BOP número 173 de 9 de setembro de 2011, publicouse a resolución pola que se eleva a definitiva a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para cubrir 6 prazas de policía local (OEP 2009). As persoas incluídas na citada resolución, disporán dun prazo de 20 días naturais (dende 10/09/2011 ata 29/09/2011, ambos inclusive), para a presentación da documentación referida na base número 9 das bases xerais que rexen esta convocatoria, co fin de que poidan ser nomeados funcionarios en prácticas.

Prazas de consolidación de emprego temporal. Declaración de lesividade.

Declaración de lesividade - Prazas consolidación emprego temporal. A Xunta de Goberno Local, en sesión de 01/12/2010 acordou declarar lesivos para o interese público o acordo de aprobación da convocatoria e as bases específicas da convocatoria das seguintes prazas de consolidación de emprego temporal: asesor xurídico, animador cultural, auxiliar administrativo, axente desenvolvemento local, enxeñeiro técnico agrícola, psicólogo, técnico animación sociocultural, mediador social, subalterno, técnico inserción laboral, monitor de taller, técnico sonido - locutor, locutor, educador social, profesor canto, técnico coordinación formación, pedagogo, asistente domicilio, profesor saxofón e profesor composición. (Documento adxunto: Declaración lesividade (Acordo XGL 01-12-2010).pdf)