Taboleiro Oficial

Tramitación do DNI no Concello de Culleredo

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 24 e 25 de maio de 2012, nas oficinas municipais de Vilaboa (Villa Melania). A cita podera pedir a partir do 1 de abril.

Informe de Avaliación Preliminar

Avaliación ambiental da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto da Coruña.

Formación de listas de substitución de profesores de música: frauta, percusión e piano-acordeón (persoal laboral temporal)

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es), co fin de emendar o defecto que motivara a súa non admisión. (documento adxunto: resolución lista provisional.pdf) (O prazo para presentación de reclamacións é do 17 ao 21 de xaneiro, ambos inclusive)

Formación de listas de substitución de profesores de música - Piano (persoal laboral temporal)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos e excluídos. (documento adxunto: lista definitiva piano.pdf)

Listaxes definitivas de admitidos e de agarda nas escolas infantís na convocatoria de setembro

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e listaxes de agarda nas escolas infantís radicadas no municipio de Culleredo, correspondentes á convocatoria de setembro.

Listaxes definitivos de admitidos e listaxe de agarda das escolas infantís do Concello de Culleredo

Listaxes definitivos de admitidos e listaxe de agarda das escolas infantís do Concello de Culleredo. O prazo de matrícula finaliza o 29 de xullo.

 

Inspector da policía local (promoción interna)

Presentación de solicitudes: Publicado anuncio da convocatoria noBOE nº 20 de 24 de xaneiro de 2012, o prazo para presentar solicitudes queda establecido dende o 25 de xaneiro ao 13 de febreiro, ambos inclusive

XEFE DO SERVIZO DE DINAMIZACIÓN LOCAL (provisión de posto de libre designación)

Convocatoria. Convocase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo "Xefe de sevizo dinamización local".

O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 231 de 2 de decembro de 2011) (prazo de presentación de solicitudes dende o 3 ao 22 de decembro, ámbolos dous inclusive).

Educador/a social (persoal laboral temporal)

Cualificación da fase de concurso. Recóllese no documento adxunto "valoración concurso (educador-a social)"

D.N.I en Culleredo


A partires do día 3 de outubro se poderá pedir cita ata cubrir o cupo, que será por orden de inscrición.