Escolas municipais de Cultura
Impártense cursos de baile galego, ballet e danza, ioga, cerámica, confección industrial, debuxo e pintura, óleo, gaita, percusión, guitarra, informática, inglés, manualidades...
Están divididas en dous grupos: nenos/as e persoas adultas.
Exposicións:
Realízanse na sala de exposicións Xosé Rey Lago, no Museo dos Muíños Andrés Pan Vieiro e na Aula de Natureza Juan Lembeye. Prográmanse anualmente unha media de 30 exposicións...
Ciclo de teatro:
Realízanse unha media de 15 representacións anuais, no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Actividades musicais e folclóricas:
- Ciclo de música clásica.
- Semana do Jazz.
- Festival reggae.
- Festival internacional de pulso e púa "Cidade da Coruña".
- Encontros folclóricos "Ancoradoira".
- Certame de corais "Culleredo canta ao Nadal".
- Certame de corais "Aniversario Coral Fonte do Souto".
- Certame de corais "A Xeca".
- Outras actuacións musicais puntuais.
Certames de artes plásticas:
- Premio de deseño "Isaac Díaz Pardo", organizado en colaboración co CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo. Dirixido a escolares dese centro.
- Maratón de debuxo, pintura e fotografía dixital Pintor Argüelles. Dirixido a todos os públicos. Celébrase a finais de xuño no contorno do río Trabe (O Burgo).
Ciclos de cine:
- Cine na rúa: entre o verán e o inverno,proxéctanse unhas 10-12 películas. Puntualmente, organízanse tamén ciclos de vídeo, dirixidos ao público infantil.
Festas populares:
- Entroido. Prográmanse actividades relacionadas co entroido en colaboración con todos os centros culturais e veciñais do municipio, así como outras propias da Concellaría.
- Letras Galegas. Celébrase un festival nas instalacións do Centro cultural de Vilaboa o 17 de maio.
- Magosto. Celébrase no parque da Torre de Celas, en novembro, en colaboración coa Asociación "O Cruceiro" de Celas.
- Nas festas patronais do verán, colabórase con comisións de festas, organizándoselles algunhas actividades, como as semanas culturais de Vilaboa e do Burgo.
Nadal:
Durante tres días, nas vésperas de Reis, realízase o programa "Culleredolandia de Nadal", na polideportiva de Vilaboa, con múltiples actividades dirixidas á infancia.
Cursos:
- Iniciación e perfeccionamento de galego.
- Micoloxía.
- Coidado de bonsais.
- Outros cursos organizados en colaboración con outras institucións públicas e privadas.
Seminario de Historia de Culleredo:
Realízase a finais de novembro, durante tres días. Colabora a Universidade da Coruña. Fixéronse xa doce edicións.
Visitas guiadas:
Anualmente prográmanse visitas guiadas, que os centros de ensino do municipio ou doutras partes de Galicia solicitan, aos museos de titularidade municipal: Museo Etnográfico Torre de Celas, Museo dos Muíños Andrés Pan Vieiro e Xardín Botánico Ría do Burgo.
Actividades de animación á lectura:
Nas bibliotecas municipais organízanse anualmente:
- Semana do libro
- Ciclo de contacontos.
- Contos en inglés.
- Tertulias.
- Clubs de Lectura.
- Exposicións bibliográficas.
Programa de rutas:
Anualmente realízase o programa excursionista "A Coruña a pé". Consta de 10 rutas por toda a provincia coruñesa.
Feira de artesanía e libro:
Celébrase o 17 de maio, en colaboración co CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo, na praza Europa do Burgo. Participan artesáns/ás e libreiros/as de toda Galicia.
Día da familia:
Esta romaría campestre, de organización municipal, celébrase o segundo domingo de xuño,nas instalacións do parque recreativo de Acea de Ama. Prográmanse numerosas actuacións culturais, lúdicas e deportivas, exposicións municipais e de asociacións do municipio, ademais das de carácter gastronómico. Asisten decenas de miles de persoas de toda a comarca coruñesa. Na véspera celébrase o Festival internacional de maxia "Mago Antón e amigos".
Outras actividades e servizos:
- Conferencias.
- Presentacións de libros.
- Conmemoración da II República.
- Actos conmemorativos da batalla da ponte do Burgo e de Elviña.
- Asesoramento a particulares, estudantes e universitarios sobre historia e patrimonio histórico de Culleredo.
Publicacións:
Publícanse periodicamente folletos turísticos, unidades didácticas sobre as letras galegas, programas de rutas, catálogos e carteis de exposicións, folletos e carteis de programación de música e teatro, folletos de divulgación de monumentos...