Actividades deportivas

Escolas deportivas:

Dentro do programa "Deporte para todos", as escolas deportivas ofrecen actividades durante o curso escolar, para a poboación nova e adulta. Na actualidade esta oferta atende as disciplinas de fútbol sala, patinaxe artística, ximnasia rítmica, karate, tai-chi e ximnasia de mantemento.

A Concellaría de Deportes establece colaboracións coas asociacións deportivas do municipio que ofertan actividades deportivas como baloncesto, judo, aeróbic e balonmán.

Competicións deportivas "Concello de Culleredo":

Moitas son as competicións deportivas que teñen a denominación "Concello de Culleredo", que supón a colaboración ou intervención da Concellaría de Deportes a través de acordos municipais:

  • Torneo de fútbol afeccionado.
  • Torneo de fútbol de veteranos.
  • Torneo de chave.
  • Encontro de judo.
  • Torneo de fútbol sala.
  • Torneo de baloncesto.
  • Torneo de balonmán.
  • Premio de equitación.
  • Torneos de tenis.
  • Torneo de tiro con arco.
  • Proba de ciclismo.
  • Actividades na natureza.
  • Torneo de béisbol.

Outras actividades:

Correspondendo coas tempadas de inverno ou verán, ofrécense as actividades de campaña de esquí, campaña de natación, cursos de vela, piragüismo, tenis e campamentos de verán.