|
Servizo de "Noitebús"
O servizo de Noitebús é un programa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, co obxectivo de reducir a sinestralidade nas estradas e mellorar a seguridade viaria. A partir do 02/07/2010, comeza a este servizo no Concello de Culleredo ata o 31 de Decembro, segundo calendario aprobado pola Xunta de Galicia. Preferentemente o NOITE BUS, funcionará todos os venres e sábados, e os domingos coincidentes coas festas de Vilaboa (11 de Xullo) e coas de O Burgo (25 de Xullo). Establécense dúas liñas distintas:
a) Puerta Real por Vilaboa - O Burgo - Cambre. A ruta de Vilaboa partirá de Puerta Real a partir dlas 22,30 horas ata as 4,30 horas. A ruta por Fonteculler a San Pedro a partir das 23,00 horas ata as 4,00 horas. Para máis información sobre horarios e rutas ver os arquivos que se achegan. Para máis información a Xunta de Galicia ten habilitada a seguinte web para este servizo : http://www.cptopt.xunta.es/portal/cidadan/cache/offonce/lang/gl/pid/1054
|