|
Proposta de acordo de goberno entre o PSdG-PSOE e o BNG
PROPOSTA ACORDO DE GOBERNO ENTRE O PSdG-PSOE E O BNG EN CULLEREDO O grupo municipal do PSdG-PSOE e o grupo municipal do BNG de Culleredo acordan asinar un pacto de goberno no Concello para a lexislatura 2007-2011. Ambos os partidos cos seus respectivos grupos municipais acordan subscribir o pacto baseado nos seguintes apartados e termos: A) Compromisos programáticos. B) Criterios de funcionamento e órganos de Goberno. A) COMPROMISOS PROGRAMÁTICOS 1) Impulsar unha administración municipal ao servizo da cidadanía, utilizando as ferramentas das novas tecnoloxías, na que a transparencia, a axilidade e a eficacia sexan as bases de identidade da administración local. 2) Potenciar o uso do galego como lingua habitual de comunicación coa cidadanía, de conformidade coa Lei de normalización lingüística. 3) Traballar para conseguir un cadro de persoal acorde coas necesidades do Concello, mediante a correspondente Relación de Postos de Traballo (RT), unha vez que se conclúan os traballos de valoración dos postos, que xa se contratou e se negociou coa Xunta de Persoal e co Comité de Empresa. 4) Cumprir a lexislación en canto a aprobación dos orzamentos, a aprobación da conta xeral e a redución ao máximo do recoñecemento de obrigas. 5) Alcanzar a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co máximo consenso posible cos grupos políticos con representación no Concello. Os principios sobre os que se baseará a ordenación urbanística serán os de:
O terreo que hoxe ocupa a firma Cereol Ibérica, na confluencia da ría do Burgo e do río Mero, clasificarase como equipamento. O Concello de Culleredo fará as xestións necesarias para o Ministerio de Medio Ambiente ou a Xunta de Galicia adquiran o terreo unha vez que a actividade da empresa cese. A política de vivenda basearase nos principios que se recollen no acordo marco subscrito entre ambos os dous partidos. 6) Potenciar o transporte público, en coordinación coa Dirección Xeral de Transportes e os concellos que asinaron o acordo de transporte metropolitano, será un obxectivo irrenunciable; para isto propoñeranse melloras no convenio que procuren a ampliación de servizos, rutas e horarios. 7) Elaborar un estudo de mobilidade peonil e de vehículos e reducir a siniestralidade preséntanse como obxectivos a alcanzar na lexislatura. O documento deberá conter un estudo de accesibilidade e de eliminación de barreiras. 8) Abordar de forma urxente a descontaminación do solo da Cross e a rehabilitación do edificio como centro sociocultural e de ocio. 9) Promocionar o emprego e xerar novos solos industriais para a atracción e instalación de novas empresas que produzan riqueza para o Concello e contribúan a unha diminución do paro por debaixo do 7% actual. 10) Continuar coa política de inserción social e laboral seguida ata hoxe, aumentando os cursos de formación ocupacional e os programas dedicados ás persoas con menos recursos, discapacitadas e inmigrantes ou emigrantes retornadas. 11) Priorizar as políticas de benestar social coa máxima colaboración coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia, tentado levar adiante políticas avanzadas e de calidade que complementen as actuais. 12) Promover políticas de igualdade, mediante un traballo real e efectivo en todas as áreas do goberno municipal e cos/coas axentes sociais, incorporando aquelas actuacións que, coordinadamente coa Secretaría Xeral de Igualdade e coa Deputación, contribúan a mellorar as nosas actuacións. Así mesmo, traballar para erradicar do noso Concello a violencia de xénero coa potenciación dos servizos do SAVIX e o CIM xa en funcionamento. 13) Afianzar no ensino a colaboración coa comunidade escolar e o Consello Escolar municipal, co fin de poñer os medios necesarios para mellorar a calidade do ensino, reducir o fracaso escolar e implantar novos ciclos e especialidades en colaboración coa Consellería de Educación. 14) Potenciar o deporte e as actividades ao aire libre mediante a realización de novas instalacións deportivas, a mellora nas actuacións, o fomento do deporte cos clubes, AMPAS etc., e a sinatura de convenios de colaboración. Así mesmo, potenciar a cultura cunha política de fomento das actividades extraescolares e de exposicións de autores novos e coa colaboración cos programas culturais da Xunta e a Deputación. 15) Impulsar a creación da área metropolitana e, mentres esta non se desenvolva, seguir a potenciar o funcionamento do Consorcio das Mariñas como único órgano supramunicipal para o desenvolvemento de servizos en común que voluntariamente acorden os concellos do Consorcio. 16) Convocar un concurso de ideas co fin de lograr o máximo uso do paseo marítimo da ría do Burgo, a mellora do mesmo en canto a accesibilidade e a súa maior rendibilidade social e económica. 17) Aprobar, para lograr a máxima liberdade e pluralidade, un decálogo que garanta a funcionalidade da radio municipal Radio Culleredo e o seu compromiso de servizo público municipal. Radio Culleredo dependerá da área sociocultural e os seus asuntos ditaminaranse na respectiva comisión informativa. 18) Desenvolver políticas que reduzan os inconvenientes que poida ter a poboación das zonas rurais para gozar dos servizos ou participar nas actividades que o Concello organiza. 19) Asumir o compromiso de conseguir nesta lexislatura a cobertura do 100% dos servizos básicos para a poboación.
Aeroporto de Alvedro Conscientes da preocupación que a unha gran parte da poboación do Concello lle producen as actuacións que levou a cabo AENA ( e as posibles que poidan presentar no futuro), comprometémonos a traballar pola conciliación dos intereses cidadáns e municipais cos intereses aeroportuarios, facendo posible a súa coexistencia. Para isto traballaremos sobre os seguintes aspectos: a) Declarar o aeroporto de Alvedro como aeroporto urbano. b) Facer estudos de impacto ambiental, co fin de conseguir a redución do ruído, instalar barreiras e insonorizar vivendas. c) Apoiar ás persoas afectadas polo ILS e tramitar as posibles indemnizacións que correspondan por responsabilidade patrimonial da administración do Estado. d) Solicitar, no caso de transferencias de competencias do Estado á Xunta, a inclusión do Concello no órgano que se cree para a súa explotación ou dirección. B) CRITERIOS DE FUNCIONAMENTO E ÓRGANOS DE GOBERNO
7. Constituiranse as seguintes comisións informativas:
8. Constitúense as seguintes áreas de traballo:
Cada grupo político poderá delegar algúns servizos da súa competencia en concelleiros ou concelleiras que non sexan tenentes de alcalde 9. O PSdG-PSOE terá 6 dedicacións exclusivas e o BNG 2.
10. Cada grupo político proporá ou designará ao persoal de libre designación, correspondendo:
11. Haberá unha Comisión Mixta BNG-PSdG-PSOE, composta por 2 membros de cada grupo, para o estudo das subvencións e convenios que se poidan celebrar coas entidades municipais sen ánimo de lucro. 12. Constituiranse coa maior brevidade posible todos os consellos sectoriais que se prevén no Regulamento de Participación. 13. A representación do Concello nos diferentes organismos que se creen ou que se poidan crear cubriranse de acordo con criterios de proporcionalidade da representación política de cada grupo e de acordo coas competencias que asume cada grupo político. 14. Nas comisións informativas, permanentes e non permanentes, terán representación todos os grupos políticos de acordo coa representación que conseguiran:
15. A Mesa de Contratación terá representación de todos os grupos políticos do Concello de acordo coa seguinte proporción:
16. A Comisión de Coordinación constitúese como unha comisión interna da coalición para a análise e seguimento da política municipal e punto de encontro da coordinación do traballo municipal. Reunirase os martes ás 13:30 horas e participarán nela todos/as os/as concelleiros/as electos/as de ambos os dous partidos. Estas reunións non estarán retribuídas. 17. O Pleno ordinario celebrarase o último martes de cada mes ás 20:00 horas, e no caso de coincidir en festivo celebrarase ao día seguinte á mesma hora. A partir do 15 de xuño e ata o 15 de setembro os plenos celebraranse ás 14:00 horas. COMPETENCIAS ÁREA DE BENESTAR SOCIAL (Servizos Sociais, Mocidade, Terceira Idade, Voluntariado e Infancia) PROGRAMA I: Información e Orientación Social PROGRAMA II: Convivencia e Autonomía Persoal Agás a Inserción Laboral PROGRAMA III: Prevención e Dinamización Social
PROGRAMA IV: Cooperación Social
PROGRAMA V: Atención á infancia AREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (Industria, Comercio, Turismo e Innovación) INDUSTRIA:
TURISMO:
INNOVACIÓN:
EDIFICIOS
Todos os edificios do Concello están a disposición de todas as áreas no caso de necesidade e para actos concretos. A sinatura e presentación do pacto farase nunha rolda de prensa conxunta e única, na Casa do Concello. O acordo achegarase á cidadanía e publicarase na páxina web do Concello. PERSOAL ADHERIDO A CADA ÁREA Servizos Sociais, Mocidade, Infancia, Voluntariado Mª. José Cagiao Vila Xefa de servizo Mª. Teresa Molares Cabana Pedagoga Mª. Jesús Rodríguez García Xefa Sección Atención Primaria Ángela Varela Suárez Traballadora social Sandra García Uzal Traballadora social Elena Lousa Souto Animadora Servizos Sociais Mª. Belén Monroy García Administrativa Gloria Mateos Aguirre Auxiliar administrativa Laborais Mª. Carmen Ferreño Gómez Auxiliar Información Loreto Mª .Río Pérez Auxiliar Recepción e Información Adultos Mª. Pilar Vilar Martínez Pedagoga Axuda a Domicilio Rita López Cardalda Psicóloga-Mediadora Mercedes Abel Rodríguez Traballadora familiar Mª. Nieves López Gómez Traballadora familiar Mª. Nieves Martínez Uzal Traballadora familiar Celia Gómez López Traballadora familiar Educadora Social Delfina Núñez Rodríguez Técnico Animación Socio-Cultural Bibiana Monteseirín Suárez Atención a persoas con discapacidade Mª. Teresa Etchevers Lemus Mediadora social Mª. Jesús Castiñeiras Rodríguez Monitora taller Dinamización e Inserción Social Yolanda Zapata Amor Educadora social Ordenanzas Juan Baltasar Carbón Castelo Ignacio Barbeito Arcas ESCOLA INFANTIL Deborah Vales Vázquez Auxiliar xardín infancia Patricia López González Auxiliar xardín infancia Margarita Barros Rodríguez Axudante cociña Laboral fixo Susana López Bogo Pedagoga Eva Mª. Suárez Gil Mestra Eva Mª. Díaz Baldomir Técnica xardín infancia Mª. Isabel García Mato Técnica xardín infancia Mª. Inés Sánchez Vigo Técnica xardín infancia Ana Rosa Negreira Rodriguez Auxiliar xardín infancia Catuxa Suárez Gorgal Auxiliar xardín infancia vacante Auxiliar xardín infancia Mª. Dolores García Sánchez Cociñeira INDUSTRIA, COMERCIO, TURISMO E INNOVACIÓN Mª. Teresa Uyarra Rúiz Asesora promoción económica Mónica López Andrade Técnica promoción empresas Marta Amor Seoane Axente desenvolvemento local Francisco Balseiro Bouza Administrativo MOCIDADE Ana Isabel Oteruelo Pérez Técnica Xuventude Vacante Auxiliar administrativo/a |