|
II Mostra de Seguridade Viaria 2007
Sábado 21 de Abril de 2007 - Instalacións de Deporte Galego de Acea de Ama
As instalacións de Deporte Galego de Acea de Ama foron visitadas por máis de 1000 veciños durante a mañá do sábado 21 de abril. Puideron disfrutar de exposicións, actividades educativas, simulacro de excarcelación de dous vehículos sinestrados, e a evacuación da ferida nun helicóptero do 112. Houbo tamén a representación dunha obra de teatro infantil e o sorteo de agasallos entre todos os asistentes. Tamén se entregaron os tres premios do 2º concurso de debuxo para sexto de primaria. |