O Servizo municipal de Educación elaborou o "Proxecto Educativo de Culleredo" en base non só ás competencias municipais en materia educativa senón tamén á proposta que este Concello fai con respecto á atención da poboación escolar, artellando un programa no que a través de diferentes actividades dirixidas á totalidade da comunidade educativa, pretende acadar os seguintes obxectivos.
-
Garantir o cumprimento da escolaridade obrigatoria da totalidade dos nenos e nenas en idade escolar do Concello de Culleredo.
-
Favorecer unha educación plena, participativa e de valores ao longo de todo o sistema educativo.
-
Participar na programación dos centros dun xeito transversal, promovendo unha relación co contorno, que fomente unha educación ambiental e en valores democráticos.
-
Contribuír á formación das familias do Concello en canto á educación dos seus fillos e fillas en prol dunha futura cidadanía libre, solidaria e respectuosa co seu medio.