|
Charla sobre o trastorno bipolar
09/02/2012 - 19:00 09/02/2012 - 20:00
Baixo o título: “Trastorno bipolar: diagnóstico e tratamento”, e no marco do programa de protección da saúde pública e das medidas de información e sensibilización dirixidas á cidadanía, a Concellaría de Sanidade de Culleredo organiza unha charla sobre o Trastorno Bipolar. A actividade ven motivada polo elevado número de persoas que se achegan aos servizos de benestar social con esta doenza solicitando distintos apoios. A charla vai dirixida a afectados e afectadas e as súas familias, así como á poboación en xeral. Terá lugar o vindeiro 9 de febreiro ás 19:00 horas no Pazo de Vila Melania en Vilaboa. Contarase, como relatoras, coa presenza de Carla Riande Pérez, vicepresidenta da Asociación Asbiga, e Andrea Cortiñas Cimadevila, psicóloga da mesma organización. A actividade é aberta ao público e gratuíta. |