|
Curso de galego para obter o Celga 4 en Culleredo
O Concello de Culleredo vai solicitar un curso preparatorio para a consecución do certificado de lingua galega Celga 4 para o ano 2012. Observacións:
Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente, logo de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia. O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 3 de abril de 2012 (pagamento de tasas e inscrición na propia Xunta de Galicia). A inscrición nestas probas é independente á realización do curso de preparación en Culleredo. Non se expedirá ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia aos cursos preparatorios para as probas do Celga. Máis información na Orde do 4 de xaneiro de 2012 pola que anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia no ano 2012. (DOGA Núm. 5 – luns, 9 de xaneiro de 2012). |