Presentación de "Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel"

 
A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 13 de xaneiro de 2012, ás 19.30 h, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo”, o acto de presentación da publicación Da flor á mesa, historia dunha pinga de mel.

No transcurso do acto tomarán a palabra o autor Xesús Asorey, e o ilustrador, Carlos Silvar. Ao remate da presentación haberá unha degustación de mel con queixo e froitos secos.

Esta publicación está  baseada no programa educativo desenvolvido na Casa das Abellas, en Abegondo, durante os sete últimos anos, tanto con escolares coma con grupos de xente maior e familias.

Describe os pasos necesarios para a obtención do mel, desde a flor ata que o mel está na mesa, ao tempo que destaca as importantes calidades dos produtos apícolas como produtos sans e naturais e ás veces con beneficios terapéuticos. Destaca tamén o labor polinizador das abellas, conservando así a biodiversidade e contribuíndo á produción de alimentos.

A apicultura representa unha produción sustentable, que rende un servizo público gratuíto e imprescindible, que a sociedade debe valorar e defender ante os perigos que comporta a actual degradación da natureza e o alarmante declive da biodiversidade. O 80 % das plantas con flores, o 84 % das especies vexetais de cultivo e un 76 % da produción alimentaria dependen da polinización das abellas.
portada

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina