|
Conservatorio Profesional de música de Culleredo
No Conservatorio Profesional de música de Culleredo impártense as ensinanzas elementais e as ensinanzas profesionais de música de acordo co novo marco normativo, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ademais destas ensinanzas regradas, ofértanse dous cursos de iniciación á música para os máis pequenos. As idades de ingreso son as seguintes:
O tempo lectivo semanal comprende dúas sesións dunha hora cada unha. GRAO ELEMENTALA finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional As especialidades das ensinanzas elementais de música que ofertamos son as seguintes: Acordeón - Clarinete - Frauta traveseira - Guitarra - Percusión - Piano - Saxofón - Trompeta - Viola -Violín - Violoncello. Para acceder ás ensinanzas de Grao Elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade. ACCESO AO 1º CURSOO procedemento de acceso ao primeiro curso atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos: ACCESO A OUTROS CURSOSPoderase acceder a calquera outro curso do grao elemental ser ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso estará supeditado á existencia de prazas vacantes para na especialidade solicitada. Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza. En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural. GRAO PROFESIONALAs ensinanzas profesionais de música teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación de futuros profesionais da música. As especialidades das ensinanzas elementais de música que ofertamos son as seguintes: Acordeón - Canto - Clarinete - Frauta traveseira - Guitarra - Percusión - Piano - Saxofón - Trompeta -Violín - Violoncello. ACCESO AO 1º CURSOPara acceder ao primeiro curso das ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, de acordo cos obxectivos establecidos neste decreto. Para todas as especialidades, agás para a de canto, a devandita proba consistirá en:
ACCESO A OUTROS CURSOSPoderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursados os anteriores sempre que a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes. Esta proba constará de dous exercicios:
A puntuación definitiva da proba citada será a media ponderada da cualificación obtida en ambos exercicios. Para estes efectos ponderase o primeiro deles nun 70 % e o segundo nun 30%. OUTRAS ACTIVIDADES:No centro
Fóra do centro
Horario de Atención ao Público:
Horario lectivo:
R/ Andrés Pan Vieiro, nº 30, Acea de Ama - O Burgo - Culleredo |