|
A Mariola
Un dos xogos máis populares entre as nenas. Practícase tanto nas cidades coma no medio rural, e aínda hoxe perdura. Presenta diversas variantes pero a todas as mariolas se xoga parecido. Trátase de debuxar no chan unha serie de casas, lanzar a pedra a unha delas e ir saltando á pata coxa para recollela sen pisar as liñas. O trazado pode ter forma de avión ou un cadrado de 6 ou 5 casas. Tamén se pode xogar a ir empurrando a pedra co pé polas casas, sempre sen tocar as liñas marcadas no chan.
|