Pase Misí (ou Pase Perico)

Segundo a canción que se canta chamábase dunha forma ou doutra. Primeiro escóllese a dúas persoas que formarán os dous equipos. Estes agárranse polos brazos facendo unha ponte e os demais van pasando por debaixo deles, á vez que cantan. Cando remata a canción collen a un e lle dan a escoller entre dous contrasinais, segundo elixa pasa a formar parte dun dos equipos. Así ata que pasan todos os nenos, entón agarrados pola cintura tiran cara ao seu lado. O equipo que primeiro se pase da liña marcada no chan, perde.

Pase misi
pase misá
por las puertas de Alcalá
los de alante corren mucho
los de atrás se quedarán.