Concertos Expres no Conservatorio
13/04/2010 - 19:00
13/05/2010 - 21:00

Dende hoxe comezaremos a poñer en marcha unha serie de actuacións musicais por parte do alumnado do Conservatorio nun formato reducido, e esperamos que con unha periodicidade semanal, que denominamos "Concerto Expres". Ás 19:00 horas paralizarase a actividade lectiva do Centro dun xeito breve, cinco ou dez minutos, de forma que todo o alumnado saia das súas aulas para escoitar unha intervención breve ofrecida polos seus compañeiros dende a zona central do hall, na planta baixa do Conservatorio. A actuación poderá ser seguida dende as varandas e corredores que dan acceso ás aulas e estudios.