|
Estructura Administrativa do Concello de Culleredo
Área de alcaldía• Servizo asesoría xurídica
Área de economía, facenda, réxime interior e seguridade
• Servizo economía e facenda
Ocúpase esta área, na materia de Economía e Facenda, da xestión económica do Concello, seguimento e control dos orzamentos, xestión económica e financeira da administración, seguimento e control de investimentos, preparación dos orzamentos, xestión de pagamentos e cobramentos, xestión tributaria e de recadación, política fiscal e preparación de ordenanzas fiscais. Área de secretaria xeral
Área de urbanismo
• Servizo arquitectura e urbanismo Esta área comprende a xestión das competencias municipais sobre a ordenación do territorio e o urbanismo, cuestións relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, xestión urbanística, concesión de licenzas urbanísticas e de actividades, disciplina urbanística, expropiacións por razóns de urbanismo, redacción de instrumentos de ordenación urbanística, concesión de licenzas para o exercicio de actividades, excepto a autorización para a posta en funcionamento e proxectos de vivenda, promoción pública e en aluguer.
Área do medio, servizos e obras• Servizo medio, servizos e obras
Esta área xestiona os servizos básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas, iluminación pública... Inclúese o mantemento de vías públicas e infraestruturas urbanas (mobiliario urbano, redes de servizos...), a inspección e control de servizos públicos que se prestan a través de terceiros, o mantemento e conservación de parques, xardíns e zonas verdes, así como o mantemento de edificios e instalacións municipais, a xestión da utilización da vía pública e a autorización para a posesión de animais potencialmente perigosos.
Área de benestar social e promoción económica
• Servizo benestar social
Esta área xestiona as políticas municipais de prestación de servizos asistenciais á cidadanía, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, infancia, mocidade, muller e atención á terceira idade.
Área de cultura, deportes e participación cidadá
• Servizo cultura
Esta área engloba a xestión das políticas municipais de participación cidadá, xuventude, cultura, política lingüística e deportes e festas, relacións coas asociacións veciñais. Correspóndelle, tamén, a xestión da utilización dos equipamentos culturais e deportivos municipais.
Área de educación, igualdade e formación
• Servizo formación e emprego
No eido da Educación xestiona as políticas municipais de educación, de acordo coas competencias que legalmente se lle atribuíron aos concellos, a utilización dos equipamentos educativos de competencia municipal e a xestión do Conservatorio municipal de música.
Área de intervención-tesourería
|