Acordo de colaboración entre o Conservatorio e o Quinteto de vento Zoar

ZoarO Conservatorio chegou a un acordo co Quinteto de vento ZOAR para que se integre como quinteto residente do Centro dunha forma estable. O Conservatorio cederá as súas instalacións para ensaios do quinteto fora do horario lectivo e sen que prexudique a marcha normal do centro, a cambio de varios concertos al año. Esta formación a compoñen Joan Ibanez, frauta, coprincipal da Orquestra Sinfónica de Galicia, David Villa, oboe, principal asistente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Antonio Suárez, clarinete, profesor do Conservatorio de Culleredo, Benxa Iglesias, trompa, profesor do conservatorio de ferrol, e Alex Salgueiro, fagot, coprincipal da Orquestra Sinfónica de Galicia. Esta agrupación de recente creación nace coa intención de encomezar unha aventura musical coa que descubrir obras descoñecidas, música de nova creación ou episodios sinfónicos adaptados, pero sen deixar de lado os grandes títulos do repertorio mais tradicional.