|
Festa de Entroido dos Maiores
19/02/2010 - 17:00 19/02/2010 - 21:00 Ás 17 horas, tamén no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo terá lugar en colaboración coa Concellería de Benestar Social a FESTA DE ENTROIDO DOS MAIORES, unha das máis concorridas do Entroido Cullerdense con máis de 500 persoas chegadas de todas as parroquias de Culleredo e onde abondan os disfraces e as larpeiradas. A máis da actuación dun grupo musical haberá concurso de disfraces, filloas, orellas, etc., e será servida unha chocolatada. |