|
Julio Sacristán recibe a representantes da nova asociación socio-sanitaria con SAúDE de Culleredo
A asociación, que ten como finalidade o apoio a persoas con enfermidades graves e/ou crónicas e a promoción de estilos de vida saudables presenta como actividades salientables as seguintes: un grupo de autoaxuda dirixido a persoas con cancro, un grupo de apoio a coidadores de enfermos crónicos, un proxecto de promoción do paseo saudable, un obradoiro de cociña sá, un servizo de apoio en terapia ocupacional a domicilio, un taller de musicoterapia dirixido a enfermos mentais e un proxecto de promoción de hortos urbáns. A asociación está constituída por persoal voluntario de distintas profesións: medicina, psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social, dereito..., e por familiares e doentes. Pola súa banda, o concello de Culleredo e a súa concellaría de sanidade está a prestar colaboración técnica e de infraestructura local para apoiar todas estas iniciativas. |