|
Alumnos de trompeta do Conservatorio se desprazan á Escola de Altos Estudios Musicais en Santiago de Compostela
O xoves 4 de febreiro os Alumnos de trompeta dos cursos mais altos do grao profesional do Conservatorio acudirán a unha clase maxistral co trompetista Roberto Bodí, solista da Orquestra Sinfónica de Castilla y León, que se impartirá na Escola de Altos Estudios Musicais en Santiago de Compostela. De novo estas actividades son potenciadas dende o Conservatorio como parte fundamental da formación integral dos futuros profesionais da música. |