|
Culleredolandia
02/01/2010 - 10:00 04/01/2010 - 20:30 Nada menos que dezaseis anos, cumpre o Parque Infantil de Ocio "Culleredolandia de Nadal", que organiza de xeito ininterrompido a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo. Son dezaseis anos de divertimento e ilusión, esperando con impacencia polos nenos/as de Culleredo, que en número de dous mil nenas/os acoden a diario con esta cita coa diversión e o xogo. Como se pode imaxinar en quince anos, son moitas xeracións de cullerdenses as que xa teñen pasado por este Parque infantil, único nesta Comarca Coruñesa e decano dos que se celebran en Galicia. Moitos dos que agora acoden cos seus fillos, foron nenos usuarios do parque, así como moitos que acudían cos fillos, acoden agora cos netos. Baixo a fórmula infalible e inalterable do xogo e o aprendizaxe, dos que os nenos de Culleredo teñen a sorte de ser especialistas, imos variando os ingredientes, variando as actividades e modernizando os xogos que se ofertan. A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo xa ten todo preparado para que o vindeiro sábado día 2 de xaneiro se inaugure este Parque Infantil de Ocio "Culleredolandia de Nadal", que se desenvolverá os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h., na Polideportiva Municipal de Vilaboa, no Colexio Sofía Casanova. A celebración en fin de semana (sábado 2, domingo 3 e luns 4) presupón unha maior afluencia de público que nunca, que poderá disfrutar a cotío dunha programación mais completa e intensa, dirixida a menores de 12 anos. Culleredolandia de Nadal é o grande regalo de reis do Concello de Culleredo para as nenas/os : un espacio de ilusión, de xogo, pero tamén un momento para "aprender xogando" nos moitos talleres que ano a ano aumentan en número. Este parque infantil permite aproveitar intensamente o ocio dos máis novos nestes días de vacacións previas á chegada dos Reis Magos que visitarán Culleredolandía o luns día 4 de xaneiro ás 18:00 horas. Obradoiros.- "Culleredolandia de Nadal" ofrece obradoiros participativos de: maquillaxe, cestería, coiro, globoflexia, abelorios, reciclaxe, maxia e malabares, nas que os nenos/as poderán elaborar os seus propios regalos de reis ao mesmo tempo que ocupan o seu tempo de lecer de maneira formativa e constructiva.
Inchables e atraccións.-
Para os máis pequenos.-
Xogos de Exterior.-
NOVIDADE.-
Culleredolandia Máxica.- • sábado 2 : " O MAGO ROMARÍS", que virá nesta ocasión con moitas sorpresas, mesturando humor e maxia ao longo das catro sesións da tarde deste sábado: 16 - 17 - 18 e 19 horas. • O domingo 3 en sesión de tarde O MAGO ANTONIO ROMARIS compartirá escenario, bo humor e maxia de cerca con outro gran coñecido dos nenos cullerdenses "O MAGO ROMAN", a quen acompañan sempre as súas pombas, en sesións de: 16 - 17 - 18 e 19 horas. Os REIS MAGOS en Culleredolandia.- O luns día 4 será o día máis agardado por todos os nenos e nenas coa chegada dos Reis Magos ao recinto ás 18:00 horas acompañados polos paxes reais e nunha caravana de vehículos antigos, nunha visita adiantada e especial na que recibiran as cartas e escoitaran os desexos de todos os nenos e nenas. "Culleredolandia de Nadal" é unha das apostas anuais da Concellería de Cultura, sabedora das necesidades de esparcimento e ocio nestes días de vacacións onde o tempo meteorolóxico non acompaña e non permite disfrutar da rúa. "Culleredolandia de Nadal" cumpre dezaseis anos e dende a concellería de cultura gárdase que máis de tres mil nenos/as de Culleredo e da comarca asistan a diario, neste parque, decano dos Parques de Ocio de Nadal que se celebran en Galicia, e cunha formula propia de xogos e obradoiros. O parque estará atendido por 40 monitores especializados e Protección Civil de Culleredo, que coidarán de que o parque transcorra con toda a alegría e seguridade que un evento destas características require, non podendo como é tradicional, que os pais accedan á pista, debendo permanecer nas gradas. Culleredolandia é un parque de atraccións de acceso gratuíto para menores de 12 anos. |