Situación

Localización xeográfica:

Culleredo é un municipio galego situado no bloque central da provincia da Coruña. Conta cunha superficie de 63,2 km2 na que se integran as 11 parroquias que conforman o seu territorio. De norte a sur: Rutis, O Burgo, Almeiras, Culleredo, Orro, Sésamo, Sueiro, Ledoño, Veiga, Celas e Castelo. O municipio ten como límites, polo norte, a cidade da Coruña e, ao outro lado da ría do Burgo, o mar; polo sur, o termo municipal de Cerceda; polo leste, os termos municipais de Oleiros, Cambre e Carral; e, polo oeste, coa Coruña, Arteixo e Laracha.

Mapa situación Culleredo

Vías de comunicación:

Un aspecto a destacar do municipio de Culleredo é a súa inmellorable situación. As principais vías de comunicación pasan polo termo municipal.


Encontrar Culleredo a través de los mapas de Google

(Pulsa no mapa para localizar Culleredo nos mapas de Google)

O paso coas súas respectivas entradas da autoestrada A-9 e da autovía A-6 polo termo municipal supoñen un factor clave de localización para determinadas actividades.

Ademais, dentro do termo municipal, atópase o aeroporto de Alvedro, que presenta unha ampla cobertura de voos e enlaces tanto nacionais como internacionais.