|
María Cagiao
Naceu na Coruña e faleceu en Oleiros en 1971. Entre 1950 e 1965 residiu en Cordeda, no pazo da familia do seu home, en plena etapa de madurez artística. Excelente pintora, destacou especialmente polas súas "flores". Ningunha tiña secretos para ela: rosas, margaritas, caraveis, hortensias, etc. Pero o seu mundo pictórico non só se limitou ás flores; paisaxes, bodegóns e retratos tamén foron temas da súa preferencia. Levou a cabo exposicións en Portugal, Salamanca, Oviedo, Madrid, Málaga, Valencia, León, Vigo, A Coruña e Culleredo. A súa obra está espallada en moitos países: España, Inglaterra, Italia, Estados Unidos, Cuba, Arxentina. Unha rúa do municipio leva o seu nome, así como un Centro Social municipal.
|