Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información ao respecto da actividade contractual do Concello de Culleredo ponse a disposición de todos os interesados o presente perfil de contratante, de conformidade co establecido na Lei 30/2007 de contratos do sector público.O perfil consta dos seguintes apartados:
- En licitación: licitacións convocadas con prazo de presentación de ofertas non finalizado.
- Pendentes de adxudicación: licitacións con prazo de presentación de ofertas finalizado e pendentes de adxudicación provisional.
- Adxudicación provisional: licitacións adxudicadas de forma provisional e pendentes de adxudicación definitiva. Cómpre ter en conta que desde a publicación no perfil de contratante da adxudicación provisional corre o prazo para a presentación da documentación requirida para elevar a definitiva a adxudicación.
- Adxudicados: licitacións adxudicadas de forma definitiva
- Informacións: Informacións relativas ás licitacións, tales como modelos de garantía definitiva, convocatorias de Mesas de Contratación etc.
Información adicional:
Economía e Facenda. Contratación.
Rúa do Concello, nº12 15189 Culleredo.
Teléfono 981 67 77 77
Fax 981 67 76 46
contratacion@culleredo.org