A asociación Alma e o Concello de Culleredo levan a cabo obradoiros de crianza no Burgo
As sesións desenvolveranse no local social de Costa da Lonxa todos os mércores, en horario de 18:30 a 20:00 horas. A iniciativa constituirá un novo espazo de apoio ás familias para a aprendizaxe e intercambio de pautas necesarias para a crianza saudable ata os 5 anos.
AnhidaCoruña inicia en Culleredo obradoiros de apoio psicolóxico e psicoeducativo
Iniciaranse o 4 de febreiro no Centro social municipal de Costa da Lonxa en O Burgo. A iniciativa pretende traballar cos/as nen@s con trastorno de déficit de atención con/sen hiperactividade a interacción e a participación ou a autonomía persoal.
O Concello de Culleredo abre o prazo de inscrición para os obradoiros Enredadas 2.0O Centro municipal de información á muller organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet. A actividade ten como finalidade incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0. Infantiles Futbol Indoor
O Concello creará unha patrulla a pé da Policía Local nos núcleos urbanos A plantilla da Policía Local de Culleredo incrementa os seus efectivos de 24 a 30 tras a toma da posesión de 6 novos axentes. Isto permitirá unha labor preventiva máis exhaustiva nas zonas urbanas, onde se implantará unha patrulla a pé que funcione durante todo o día.
O Concello loitará pola ampliación da ponte do Burgo
O goberno local de Culleredo considera "imprescindible" ampliar a ponte que une o Burgo co Temple para dar fluidez a unha estrada pola que pasan 13.000 vehículos diarios. O alcalde solicitou unha reunión coa Xunta de Galicia para abordar o futuro dunha infraestrutura que melloraría susbtancialmente a movilidade para os veciños da zona.
Éxito rotundo do VII Torneo Nadal Culleredo de Minibasquet O Club Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello, organizou a sétima edición do Torneo de Nadal, cita xa consolidada na comarca. Asistiu tamén a Asociación Deportiva Valle Inclán, de Oleiros. Participaron 120 rapaces e rapazas nunha gran festa do deporte celebrada no Burgo.
Completada a pavimentación e instalación de recollida de pluviais en Castro O Concello de Culleredo rematou as importantes obras de mellora viaria que levou a cabo en Castro, no enlace con Pena Loureira. Agora a vía ten un novo pavimento, con sistema axeitado para a recollida de agua da choiva e con conexións correctas das vivendas coa rede de saneamento.
O servizo de aluguer de bicicletas funcionará na tempada de primavera-veránDebido á baixa demanda rexistrada en outono, e coa finalidade de reducir gastos, o Concello limitará o servizo de aluguer de bicicletas ao período comprendido entre o 15 de abrirl e o 15 de outubro, cando se produciron un maior número de préstamos. Recibidos 1.500 xoguetes para repartir entre as familias necesitadas A avalancha de solidariedade dos cullerdenses queda de relevancia coa campaña de recollida de xoguetes promovida polo Concello. Finalizado o prazo, foron máis de 1.500 os entregados para colaborar cos que máis o necesitan.
Vacacións de Nadal nas actividades deportivas e culturais
As actividades deportivas e culturais, tanto as
O Concello de Culleredo desexa felices festas a todos os usuarios.
O Concello organiza un curso de “economía doméstica” con consellos prácticos para o aforro A Casa Rosa do Burgo acollerá un curso destinado a promover hábitos de consumo de aforro nunha serie de conceptos cotiás, coma os electrodomésticos ou os servizos de telefonía. Desenvolverase todos os xoves dos meses de febreiro e marzo.
Culleredo celebra o Día Escolar pola Non Violencia co programa radiofónico “Ondas de paz”
O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo a emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo e de Tarrío. Converteranse en locutores e guionistas do programa denominado “Ondas de Paz”, que se poderá escoitar de 12.30 a 13.00 horas.
Curso de galego para obter o Celga 4 en Culleredo
O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para o curso de lingua galega para a consecución do certificado Celga 4, que se impartirá de marzo a maio no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo. Os interesados dispoñen ata o 27 de xaneiro para formalizala.
Culleredo contará cun novo paseo peonil dun quilómetro na contorna do aeroporto
O parque e campo da festa de Culleredo, afectados polas obras de ampliación do aeroporto, serán trasladados xunta á igrexa románica. Po outra banda, o pazo e casas solariegas serán reubicadas na rúa Leonzas. Estes elementos serán unidos por un paseo peonil con árbores, xogos infantís e barbacoas, tras o acordo alcanzado entre Aena e o Concello.
O Concello remata a renovación de equipamentos no paseo marítimo do Burgo Pistas deportivas e parque infantil con iluminación, aseos reformados e pavimento arranxado son algúns dos resultados das obras que vén de acometer o Concello de Culleredo no paseo marítimo do Burgo, na zona da Cros. O alcalde, Julio Sacristán, aposta por proporcionar o mellor servizo ao usuario nun dos pulmóns verdes e de lecer da comarca.
Presentación de "Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel"
Culleredo reduce os orzamentos nun 12,1%, pero incrementa as partidas de Servizos Sociais
A pesares de este descenso, o Concello incrementa a consignación a Servizos Sociais, considerando que se trata da área prioritaria para os veciños no contexto actual. Estas partidas supoñen o 9,24% do total do orzamento, 1,87 millóns de euros. Cabalgata e visitas aos centros sociais dos Reis Magos en Culleredo As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Culleredo ás 17.30 horas do vindeiro 5 de xaneiro. Partindo do recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, pasarán por Fonteculler, As Brañas, O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Acea de Ama para acabar na praza de Europa.
Na zona rural, os Reis visitarán os centros sociais de Culleredo, Orro, Ledoño, Sueiro, Sésamo e Celas.
Quedan vacantes no programa "Ponte a Punto" e nas Escolas de Nais e Pais
O Concello de Culleredo anuncia que existen prazas vacantes no plan de reforzo escolar "Ponte a punto" e nas Escolas de Nais e Pais de cara ao próximo mes de xaneiro. Os interesados poden acudir ao servizo municipal de Educación, sito no Conservatorio.
|