Seguemento da expedición ao Aconcagua 2008

Dende a web do Concello de Culleredo realizarase o seguemento da expedición ao Aconcagua 2008, que está a realizar un grupo de persoas aficionadas ao montañismo. Un dos integrantes desta expedición, veciño de Culleredo, pertence ao Clube de Montaña "O Carroucho" deste municipio. Os outros dous integrantes están federados polo Clube de Montaña Artabros da cidade de A Coruña

Podedes consultar más información na web www.aconcagua2008.com

 

Final Feliz Aconcagua

Data : 
Mércores, 30 Xaneiro 2008

A expedición conseguiu realizar o obxectivo de chegar ao cume do Aconcagua, aínda que puideron facelo todos. Diego quedouse a 5.800 m, Fernando a 6.000 m e Javier chegou á cima nunhas condicións moi difíciles. No regreso chegaron a pensar en chamar aos servizos de rescate polo mal tempo que había na cima.

¡Parabéns rapaces!

Últimas noticias antes do intento de alcanzar o cume

Data : 
Sábado, 19 Xaneiro 2008

Escríbennos dende o campo base da Plaza de Mulas. O pasada venres 18 puxeron pé en nido de condores a 5600. O pasado domingo 20 comezaron o ataque dende o campo 1 canada, e o luns 21 van a Nido de condores a montar e durmir o campo 2. Un dia de descanso e montar o 3 (6000mts) e ó dia seguinte intentar o cume. Ata o xoves 24 no teremos máis novas, pois é moi dificil comunicarse.

Plaza de Mulas

Data : 
Luns, 14 Xaneiro 2008

Xa alcanzaron o campo base de Plaza de Mulas situado a 4260m de altitude, así que todo segue segundo o previsto.

Permisos concedidos

Data : 
Venres, 11 Xaneiro 2008

Dispoñen xa dos permisos necesarios de ascensión. Encóntranse pasando un pouquiño de calor (32ºC) e facendo as compras necesarias para os 7 días que estarán no campamento base. Despois de tres días chegarán ó mencionado campamento.

Chegada a Mendoza

Data : 
Xoves, 10 Xaneiro 2008

Despois do largo traxecto en avión dende Madrid a Santiago de Chile, e nove horas en autobús. Chegaron a Mendoza.

Saída dende o Edificio de Usos Múltiples de O Burgo

Data : 
Mércores, 9 Xaneiro 2008

Saída da expedición dende o Edificio de Usos Múltiples de O Burgo ás 10:00h da mañá.

 

 

Saída dende Usos Multiples (9-10-2008)Saída dende Usos Multiples (9-10-2008)