Turismo
  • A (204) |
  • B (113) |
  • C (829) |
  • D (155) |
  • E (156) |
  • F (35) |
  • H (5) |
  • I (72) |
  • M (48) |
  • N (84) |
  • O (96) |
  • P (100) |
  • R (1) |
  • S (96) |
  • T (23) |
  • V (28) |

O Concello instala un punto de información turística en Coruña The Style Outlets

expositorO centro comercial Coruña The Style Outlets, ubicado en Alvedro, conta desde os últimos días cun expositor con información turística do Concello. O edil de Dinamización Local, Isidro Taibo, considera que os clientes do outlet, procedentes de toda Galicia, son visitantes potenciais de Culleredo e por iso apostou por ofrecer alí información turística.

Máis de 30.000 persoas pasaron pola I Festa do Cocido

A I Festa do Cocido, celebrada no Burgo, finalizou cun éxito rotundo de público, con máis de 30.000 persoas que asistiron, o que a converteu no centro do Entroido da comarca. Pola súa banda, o Concello aforrou 6.700 euros grazas ao evento.

O Burgo acolle a I Festa do Cocido

presentaciónO recinto multiusos do Burgo acolle a I Festa do Cocido, cinco xornadas onde a gastronomía, a música, a animación, e tamén a solidariedade serán protagonistas. A carpa ten 2.500 metros cadrados de superficie, aos que hai sumar outros 600 onde se situarán as cociñas, os servizos ou o recinto de animación infantil. Na carpa principal estarán instaladas 200 mesas onde caberán unhas 1.600 persoas.

Cabalgata de Reis

 

O servizo de aluguer de bicicletas funcionará na tempada de primavera-verán

Debido á baixa demanda rexistrada en outono, e coa finalidade de reducir gastos, o Concello limitará o servizo de aluguer de bicicletas ao período comprendido entre o 15 de abrirl e o 15 de outubro, cando se produciron un maior número de préstamos.

Cabalgata e visitas aos centros sociais dos Reis Magos en Culleredo

cartelAs Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Culleredo ás 17.30 horas do vindeiro 5 de xaneiro. Partindo do recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, pasarán por Fonteculler, As Brañas, O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Acea de Ama para acabar na praza de Europa.
Na zona rural, os Reis visitarán os centros sociais de Culleredo, Orro, Ledoño, Sueiro, Sésamo e Celas.

A Festa dos Callos de Sésamo, en V Televisión

callos"A mochila do viaixeiro", programa de V Televisión, acudiu a Culleredo para descubrir a Festa dos Callos de Sésamo. Ademais, o espazo ofrece unha visión xeral do municipio, da súa historia e dos seus valores turísticos.

Iluminación de Nadal

A iluminación estará en funcionamento do 9 de decembro de 2011 ao 6 de xaneiro de 2012, ambos incluidos, entre as 18:00 e a 1:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético.

Participación na Cabalgata de Reis

Datas de inscrición: do 12 ao 16 de decembro.

¿Como ves o "Rego das Xesteiras"?

¿E ti como ves o rego das xesteiras? Eles o ven así:

 

Paseo fluvial "Rego das Xesteiras"

Localízase na parroquia de Celas, ao sudoeste do Concello de Culleredo preto do parque da Torre de Celas, onde se sitúa o museo etnográfico do Concello así como a igrexa de Santa María de Celas (s.XII).

Oficinas de Información Turística

DINAMIZACIÓN LOCAL

Rúa do Concello, 12. Culleredo. 15189.

Teléfono: 981.677.777. Fax: 981.677.646.

Correo electrónico: turismo@culleredo.org