|
Selección de persoal
MESTRES/AS PARA IMPARTIR OS MÓDULOS FORMATIVOS DE DIVERSOS CURSOS AFDConvocatoria. Convocanse probas selectivas mediante o sistema de concurso, para a selección, no seu caso, de mestres/as (persoal laboral temporal) para impartir os módulos formativos dos cursos de: atividades de xestión administrativa, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, montaxe de mobles e elementos de carpintería, montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, e ebanista. O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 74 de 19/04/2012). FORMACIÓN DE LISTAS DE SUBSTITUCIÓN DE AUXILIARES DE PROTECCIÓN CIVIL (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)Lista definitiva de admitidos e excluídos.Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos e excluídos. (documento adxunto: resolución lista definitiva protección civll.pdf) Inspector da policía local (promoción interna)Cualificación do segundo exercicio. Recóllese no documento adxunto "CALIFICACIÓN SEGUNDO EJERCICIO INSPECTOR POLICIA" Listas substituciónBases xerais e listas en vigor. Bases xerais para a selección de funcionarios interinos e persoal laboral temporal mediante listas de substitución e listas en vigor. (ver documentos adxuntos) Prazas de consolidación de emprego temporal. Declaración de lesividade.Declaración de lesividade - Prazas consolidación emprego temporal. A Xunta de Goberno Local, en sesión de 01/12/2010 acordou declarar lesivos para o interese público o acordo de aprobación da convocatoria e as bases específicas da convocatoria das seguintes prazas de consolidación de emprego temporal: asesor xurídico, animador cultural, auxiliar administrativo, axente desenvolvemento local, enxeñeiro técnico agrícola, psicólogo, técnico animación sociocultural, mediador social, subalterno, técnico inserción laboral, monitor de taller, técnico sonido - locutor, locutor, educador social, profesor canto, técnico coordinación formación, pedagogo, asistente domicilio, profesor saxofón e profesor composición. (Documento adxunto: Declaración lesividade (Acordo XGL 01-12-2010).pdf) |