Seguridade Cidadá
  • A (204) |
  • B (113) |
  • C (829) |
  • D (155) |
  • E (156) |
  • F (35) |
  • H (5) |
  • I (72) |
  • M (48) |
  • N (84) |
  • O (96) |
  • P (100) |
  • R (1) |
  • S (96) |
  • T (23) |
  • V (28) |

A Policía Local constata resultados moi positivos no inicio do aparcamento exprés no Burgo

praza europaOs axentes verifican que a utilización das prazas marcadas como aparcadoiro exprés rota de forma continua, obxectivo primario da medida adoptada polo Concello de Culleredo para favorecer as xestións curtas no Burgo. O goberno local pide aos usuarios que sinalicen a hora de chegada para propiciar un control efectivo do estacionamento.

Culleredo implantará zonas de “aparcamento exprés” para favorecer a actividade comercial

Usos MúltiplesPara favorecer a actividade comercial e hostaleira do municipio, o Concello de Culleredo impulsará o "aparcadoiro exprés" no núcleo do Burgo. A praza de Europa, a avenida de Ribados, a avenida de Galicia e fronte o Edificio de Servizos Múltiples serán as zonas que acollan as 10 prazas nas que se estableza o estacionamento limitado, sen tarifa algunha e sinalizadas en azul.

Charla da Garda Civil para previr robos e estafas

 
Os maiores cullerdenses recibirán consellos para mellorar a súa protección e seguridade de mans da Garda Civil. A Asociación de Mulleres Rosalía de Castro de Culleredo xunto coa Garda civil organizan, en colaboración co Concello de Culleredo a charla: “Prevención e seguridade cidadá nas persoas maiores”.

O Concello creará unha patrulla a pé da Policía Local nos núcleos urbanos

acto de toma de posesiónA plantilla da Policía Local de Culleredo incrementa os seus efectivos de 24 a 30 tras a toma da posesión de 6 novos axentes. Isto permitirá unha labor preventiva máis exhaustiva nas zonas urbanas, onde se implantará unha patrulla a pé que funcione durante todo o día.

D.N.I en Culleredo


A partires do día 3 de outubro se poderá pedir cita ata cubrir o cupo, que será por orden de inscrición.

 

O Concello de Culleredo aposta por un incremento de efectivos da Garda Civil

O Concello de Culleredo convocará para setembro a xunta local de seguridade. Nela plantexará un aumento da plantilla da Garda Civil cullerdense para adaptarse ás cifras de municipios de similares características.

Protección Civil contará con oito novos efectivos

O Concello de Culleredo incrementará a plantilla de Protección Civil con oito auxiliares, que serán contratados por seis meses en virtude do plan de cooperación autonómico.

D.N.I en Culleredo. Cupo cuberto

27/04/2011 - 09:00
28/04/2011 - 14:00

Ya está cuberto o cupo para os vindeiros días 27 e 28 de abril.

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 27 e 28 de abril de 2011, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania (Avd. Vilaboa, nº 44).

Inauguración Cuartel Garda Civil

O pasado 31 de outubro inaugurouse o novo cuartel da Garda Civil en Culleredo.

Sinatura do convenio da garda civil

A Consellería de Presidencia destinará 257.000 euros á reconstrución da casa cuartel da garda civil.

Seguridade Cidadá

As oficinas da Policía local, Protección Civil e Educación viaria están situadas na rúa María Cagiao, nº 3-5, baixo, Fonteculler-Rutis, Culleredo.