Igualdade
  • A (204) |
  • B (113) |
  • C (829) |
  • D (155) |
  • E (156) |
  • F (35) |
  • H (5) |
  • I (72) |
  • M (48) |
  • N (84) |
  • O (96) |
  • P (100) |
  • R (1) |
  • S (96) |
  • T (23) |
  • V (28) |

O Concello inicia un novo ciclo de actividades de promoción da muller

cartelO Concello de Culleredo inicia o ciclo de charlas: “E ti que contas?...”, que ten como obxectivo informar e orientar ás mulleres sobre determinadas problemáticas que lles afectan como colectivo. As xornadas comezarán o mércores 18 de abril cunha charla da psicóloga do Concello sobre a menopausia.

Debate “Mulleres e crise: dobre desigualdade”

 
Para rematar cos actos vinculados á campaña 2012, Culleredo por máis igualdade: “Muller: no traballo dignidade”, a Concellaría de Igualdade de Culleredo, que preside a nacionalista: Rocío Sampedro Díaz, organiza un debate co título “Mulleres e crise: dobre desigualdade”.

Conclúe a conmemoración do Día Mundial da Muller cunha mesa de debate de sindicatos e empresarios

Para rematar a campaña “Muller: no traballo dignidade”, o Concello organiza un debate co título “Mulleres e crise: dobre desigualdade”., que abordará a influencia que pode estar a provocar a situación de crise nas políticas de igualdade. Será o 14 de marzo, ás 20:00 horas no Conservatorio.

Día Mundial da Muller Traballadora

 
O Concello de Culleredo dedica o Día Mundial da Muller Traballadora deste ano, o 8 de marzo, á defensa dunhas condicións laborais dignas. Así, a Concellaría de Igualdade ten como lema da súa campaña “Muller: no traballo dignidade”.

Culleredo promoverá a dignidade no emprego no Día Mundial da Muller Traballadora

cartelO Concello de Culleredo dedica o Día Mundial da Muller Traballadora deste ano, o 8 de marzo, á defensa dunhas condicións laborais dignas. A charla informativa: “Emprego doméstico: a nova regulación” terá lugar no de Pazo Vila Melania o xoves ás 19:00 horas.

O Concello de Culleredo abre o prazo de inscrición para os obradoiros Enredadas 2.0

O Centro municipal de información á muller organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet.  A actividade ten como finalidade incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0.

Por un Culleredo sen vítimas de violencia de xénero

concentraciónO Concello de Culleredo celebrou, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración na praza de Europa do Burgo. Máis de medio centenar de persoas, entre as que se encontraban representantes do goberno local e dos grupos políticos, dixeron non á violencia de xénero.

V Festival da non violencia e pola igualdade

 

O V Festival da non violencia e pola igualdade celebrarese no Conservatorio Municipal ás 20.00 horas do vindeiro 25 de novembro.

Concentración contra a violencia de xénero

 
O propio 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, está programada a concentración de repulsa e lectura de manifesto contra esta violencia, no marco da campaña que desenvolve o Concello de Culleredo.
 

Culleredo emprende a campaña contra a violencia de xénero nos ámbitos social, educativo, cultural e deportivo

cartel campañaO Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.

O Centro de Información á Muller de Culleredo abre unha nova páxina web

A dirección www.cimculleredo.org convértese no novo sitio de referencia para a muller cullerdense. Trátase do novo sitio web do CIM que proporciona multitude de recursos e atención ás veciñas do municipio.

Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural cun encontro en Celas

 O Centro de Información ás Mulleres de Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural co "I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional". Terá lugar o venres 21 de outubro na Reitoral de Celas.

Culleredo conmemora o Día Internacional da Explotación Sexual e a Trata de Persoas

O Hotel Crunia, en Fonteculler, acollerá unha exposición fotográfica e unha charla informativa, en colaboración con Médicos do Mundo e as asociacións municipais de mulleres.

Celebración dos XV Encontros de Corais de Culleredo.

CoralO sábado día 7 de maio, ás 18:30 horas, no Salón de actos do edificio do Conservatorio profesional de música.

Actuación Teatral Contra a Violencia de Xénero

Actuación Teatral Contra A Violencia De Xénero
"El Testigo". Compañía El Ruiseñor. Dirixe Susana Crespo
27 de Novembro ás 21:00 h

Apoio ao asociacionismo feminino: Servizos

SERVIZOS DE APOIO PROFESIONAL:

  • APOIO A CREACIÓN DE NOVAS ASOCIACIÓNS NO EIDO DA PROMOCIÓN DA IGUALDADE

Educación e sensibilización social para a igualdade

¿Qué pretenden as actuacións no eido da educación e da sensibilización?

Vivenda tutelada municipal para mulleres vítimas de violencia de xénero (casa de acollida)

Campaña conmemorativa do Día Internacional da Muller Traballadora, 8 de marzo

Semana da igualdade en Culleredo 2010. Do 5 ó 17 de marzo.

1400 deportistas de Culleredo lucirán un lazo malva en sinal de rexeita da violencia de xénero

A finalidade é a de involucrar ao mundo do deporte, como un canal esencial de transmisión de valores e de sensibilización, na necesidade de reflexionar sobre esta problemática social.

Expertos en violencia de xénero e inmigración debatiron en culleredo sobre os procedementos de asistencia e prevención

Os expertos puxeron de relevo que as mulleres inmigrantes sofren o dobre de situacións de violencia que as mulleres españolas.

“Non estás soa, fala con nós”

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Concellaría de igualdade do Concello de Culleredo organiza, como todos os anos, unha campaña de sensibilización social dirixida á comunidade cullerdense. Diversas actividades durante os días 12,18,21,22,25 e 26 de novembro.

Curso básico de informática para mulleres

Informática MulleresPrazo inscrición: ata o 30 de outubro. Máis información no 981 66 12 08 (Centro de Infomación á Muller)

“A Violencia de Xénero é o teu problema”

Co lema: "A Violencia de Xénero é o teu Problema" arranca no Concello de Culleredo a Campaña 2008.

Culleredo coa Marcha Mundial das Mulleres

O día 9 de Outubro, ás 20.30 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, haberá unha charla informativa sobre a "Marcha Mundial das Mulleres".

Xornada aberta ao público sobre a "nova lei de DEPENDENCIA"

No Salón de actos do Conservatorio Municipal de Música: Xornada aberta ao público sobre a "nova lei de DEPENDENCIA".

 Logo Xunta