Educación
  • A (204) |
  • B (113) |
  • C (829) |
  • D (155) |
  • E (156) |
  • F (35) |
  • H (5) |
  • I (72) |
  • M (48) |
  • N (84) |
  • O (96) |
  • P (100) |
  • R (1) |
  • S (96) |
  • T (23) |
  • V (28) |

Listas de admitidos e de espera no programa "Mañás de campamento"

O Concello de Culleredo publica as listas de admitidos e de espera no programa "Mañás de campamento: campamentos que concilian".

O período de matrícula para os campamentos de xuño - xullo abranguerá do 21 ao 25 de maio. Para o campamento de agosto será do 2 ao 6 de xullo.

Culleredo celebra o seu primeiro pleno xuvenil

plenoO Concello conmemorou o bicentenario da Constitución de Cádiz coa celebración do seu primeiro pleno xuvenil. Más de 100 alumnos de 4º de ESO do Blanco Amor elevaron propostas e preguntas que contaron coa participación do alcalde, Julio Sacristán.

I Pleno Municipal Xuvenil

 
I PLENO MUNICIPAL XUVENIL

Culleredo lanza a oferta de Campamentos de Verán 2012

cartelO Concello abre desde o día 16 de abril o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2012. A oferta abarca diferentes posibilidades que cubren desde o fin das clases en xuño co obxecto de proporcionar unha alternativa de lecer aos rapaces e un servizo de conciliación ás familias.

Os pequenos de Culleredo celebran o Día Mundial da Árbore

plantaciónUn total de 80 nenos e nenas do Colexio Rural Agrupado de Culleredo conmemoraron o Día da Árbore cunha plantación de árbores, ás que previamente bautizaron, no Pazo de Vila Melania. Logo desfrutaon dun contacontos e dunha merendiña nunha actividade organizada polo Concello de Culleredo.

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

A radio converterase o vindeiro luns nun medio educativo para os escolares de Culleredo. O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo as instalacións da emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo, no Burgo, e de Tarrío.

Culleredo celebra o Día Escolar pola Non Violencia co programa radiofónico “Ondas de paz”

O Concello celebrará o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia abrindo a emisora municipal a 98 alumnos de 4º de Educación Primaria dos colexios Isaac Díaz Pardo e de Tarrío. Converteranse en  locutores e guionistas do programa denominado “Ondas de Paz”, que se poderá escoitar de 12.30 a 13.00 horas.

Nova edición da Escola de Nais e Pais

cartel escolaO Concello de Culleredo acaba de abrir a inscrición para unha nova edición da Escola de Nais e Pais, que se desenvolverá desde este mes de novembro até xuño do próximo ano. O obxectivo consiste en proporcionar ferramentas aos proxenitores para a educación dos fillos e fillas.

Prevención do fracaso escolar: Programa Ponte a Punto

Ponte a puntoPrograma de apertura de centros educativos públicos de Culleredo fóra do horario lectivo"

O Concello mellora os centros educativos de cara ao novo curso

Escola de SésamoO Concello de Culleredo traballa na mellora da escola de Sésamo, que acollerá aos alumnos de O Curro debido á ampliación da pista de Alvedro. En total, o goberno local destina 80.000 euros a efectuar arranxos nos centros educativos do municipio.

Bocatas saudables nos campamentos de Culleredo

Campaña saudableO Concello de Culleredo desenvolveu a campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" nos campamentos que desenvolve nos colexios Isaac Díaz Pardo e Sofía Casanova.

Culleredo continúa ofertando apoios ás familias na súa tarefa de conciliar

A Concellaría de educación de Culleredo ten aberto o prazo de matrícula para os meses de xullo e agosto, para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo.

II Concurso de Fotografía Medioambiental para escolares

IES Blanco Amor

A Concellería de Educación entregou os premios do “II Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e á
perda da boidiversidade, e con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

O IES Universidade Laboral recibe a estudantes de Alemaña e Inglaterra

Recepción aos estudantesO IES Universidade Laboral de Acea de Ama participa nun programa europeo con alumnos de Alemaña e Inglaterra. O proxecto enmárcase na área de estudo da eficiencia enerxética.

A AMPA do CEIP Ría do Burgo estreou a nova polideportiva cuberta

AMPA Ria do Burgo

O AMPA do CEIP Ría do Burgo, situado na Corveira, celebrou o sábado
pasado o seu primeiro acto nas novas instalacións levantadas polo
Concello. O polideportivo cuberto acolleu a festa de fin de curso.

Listaxe de campamentos

Relación de admitidos e excluídos dos campamentos de verán.

Culleredo amplía o prazo de preinscrición na XII campaña “mañás de campamentos”

A ampliación será ata o 6 de maio. Para máis información chamar o teléfono 981.661208.

O Concello inicia a cesión de terreos na Cros para a construción dun novo colexio

O Concello de Culleredo inicia os trámites para a cesión dunha parcela de uso escolar na urbanización da Cros, no Burgo, para a construción dun colexio de Infantil e Primaria por parte da Xunta de Galicia. O Concello ofrecera á Consellería de Educación, nas distintas reunións mantidas, tres localizacións: unha parcela na avenida de Rutis, unha parcela situada na rúa Pablo Picasso e a mencionada na Cros.

Mañás de campamento

A preinscripción será no período comprendido entre o 25 e o 28 de abril, en horario de 9:00 a 14:00h

Culleredo Celebra O Día da Árbore

O 21 de marzo, Día Mundial da Árbore, o Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Educación e o CRA de Culleredo: aulas de Ledoño, Vinseira, O curro e A Choeira, farán unha plantación nos arredores do recinto do Xardín Botánico de Acea de Ama. A actividade será desenvolta polos 70 alumnos e alumnas dos centros de educación infantil.

III Concerto Didáctico de Primavera de Música Coral

O luns día 14 de marzo, a Coral municipal e o grupo instrumental de Culleredo, dirixidos por Guadalupe Teuntor, ofrecerán un concerto de primavera dirixido ao alumnado de 1º de educación primaria dos colexios de Tarrío, Díaz Pardo, Ría do Burgo e A Ponte Pasaxe.

Guía de ANPAS de Culleredo

 

ANPA

CENTRO

T ELÉFONO

Apoio técnico-económico municipal aos centros educativos e ás anpas

O Concello de Culleredo presta distintos apoios técnicos e económicos para os seguintes servizos:

Ensinanzas artísticas municipais

Coral Municipal de Culleredo e Grupo Instrumental

Finalidade: formar en ensinanzas corais e difundir a música entre a poboación

Destinatarios/as: poboación adulta, empadroada no Concello de Culleredo.

Lugar de ensaio: Conservatorio Profesional de Música e Centro Cultural de Vilaboa

Programa “Mañás de campamentos”

O Programa "Mañás de campamentos", facilita ás familias de Culleredo a conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos, dentro de espazos formativos para a aprendizaxe dun ocio sano.

Concurso Concello de Culleredo de fotografía medioambiental para escolares

 

Co motivo da celebración o 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellaría de educación, igualdade e formación, dentro do Programa Municipal de Educación Ambiental, convoca o " Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para escolares".

Escolas de nais e pais e avós e avoas

 

Escola de nais e pais
 

Actividades municipais de apoio ao curriculum escolar

Oferta a desenvolver nos centros escolares de Culleredo:

Plan Municipal contra o Absentismo Escolar

Por que un Plan municipal contra o absentismo escolar? Anagrama plan absentismo escolar

Curso de Formación do Profesorado no Conservatorio. Venres 5 e sábado 6 de novembro.

Curso de Formación do Profesorado no Conservatorio. Venres 5 e sábado 6 de novembro.

Concerto de Piano no Conservatorio a cargo de Manuel Varela Bello

09/11/2010 - 20:00
09/11/2010 - 22:00

Concerto de Piano no Conservatorio a cargo de Manuel Varela Bello. Martes 9 de novembro ás 20:00 horas no Salón de Actos Do Conservatorio. Entrada libre.

Concerto da Orquestra do Conservatorio de Culleredo na rúa

O próximo sábado 10 de xullo as 13:00 horas na praza da rúa Sanjurjo de Carricarte situada no centro do Burgo.

Concerto da Orquestra do Conservatorio de Culleredo na rúa

O próximo sábado 10 de xullo ás 13:00 horas na praza da rúa Sanjurjo de Carricarte situada no centro do Burgo.

Cursos de Verán 2010 no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo durante o mes de xullo

Curso de Práctica orquestral
Nivel: Grao Profesional ou equivalente.
Do 1 ao 9 de xullo de 10 a 13:30 h.

"Mañás de campamentos"

Mañas de campamentoMAÑAS DE CAMPAMENTOS 2010

Campamentos de verán 2010

CAMPAMENTOS DE VERÁN  2010

 

NOTA INFORMATIVA

Concerto de alumnos de frauta do Conservatorio do Concello de Culleredo

O xoves 3 de xuño ás 20:00 horas, Concerto dos alumnos/as de Frauta no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. 

Concerto de alumnos de piano do Conservatorio do Concello de Culleredo

O mércores 2 de xuño as 19:30, primeiro concerto dos alumnos/as de piano do Conservatorio neste derradeiro trimestre.