|
Benestar Social
Listas provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís
O Concello publica as listas provisionais de admitidos e as de agarda das tres escolas infantís radicadas no municipio, de cara ao curso 2012-2013.
Viaxe dos maiores a Ordes
VIAXE DOS MAIORES DE CULLEREDO
De ruta pola comarca de Ordes
Domingo 19 de maio
O Concello promove unha proveitosa unión dos usuarios da Escada cos pequenos de 1º de Primaria As persoas con discapacidade intelectual do centro ocupacional municipal convertéronse en mestres para ensinar aos nenos a reciclar papel. O obradoiro forma parte dun programa impulsado polo departamento que dirixe Raquel Jabares para “conxugar as actividades para os nenos dos colexios coa formación ocupacional dos usuarios da Escada”.
Eco-excursión a ArzúaEco-excusión á Feira de Arzúa DOMINGO 22 DE ABRIL Visita ao museo do mel "A casa do abelleiro". Prezo xantar + entrada a museo: 14 euros. Encontro de Corais no Burgo
ENCONTRO DE CORAIS VENRES 13 DE ABRIL Edificio Servizos Múltiples do Burgo ás 18.30 horas Participan: O Concello inicia un obradoiro para ensinar a manexar o móbil O Concello inicia unha acción formativa para ensinar a manexar o móbil. Nas sesións, que se celebran no Burgo e en Vilaboa, abordaranse conceptos como a mensaxería, o uso da cámara do terminal, a creación de contactos de emerxencia, ou as aplicacións de internet.
O Grupo de Teatro Interxeneracional inicia unha xira de actuacións ante os pequenos Os maiores de Culleredo levan as súas obras de teatro aos máis pequenos do municipio. O Grupo de Teatro Interxeneracional actuará entre o 14 e o 28 de marzo nas escolas infantís e nos centros Aspanaes da Coruña e de Castelo.
Asemblea de Maiores
ASEMBLEA DO CENTRO DE MAIORES Sabado 24 de marzo. 10.00 Asemblea no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Logo, viaxe a Pontedeume. Visita ao feirón e comida-baile. Inscricións até o 15 de marzo a través dos delegados parroquiais ou na Casa Rosa.
Os delegados parroquiais apostan pola ecoloxía no programa de actividades de maiores A asemblea dos delegados parroquiais de Culleredo analizou os principais asuntos de actualidade coa primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares. O programa de viaxes introducirá este ano unha compoñente ecolóxica.
Culleredo inicia a formación para coidadores de nenos a domicilio A Casa Rosa do Burgo acollerá unha formación para todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo. O curso comeza o mércores 29, día no que remata o prazo de inscrición.
O Concello organiza un curso de “economía doméstica” con consellos prácticos para o aforro A Casa Rosa do Burgo acollerá un curso destinado a promover hábitos de consumo de aforro nunha serie de conceptos cotiás, coma os electrodomésticos ou os servizos de telefonía. Desenvolverase todos os xoves dos meses de febreiro e marzo.
Baile de Nadal e PanxoliñasXoves 22 de decembro ás 17.00h no Edificio de servizos múltiples. Culleredo esixe explicacións á Xunta tras recibir informacións de graves irregularidades no centro de día
O Concello de Culleredo reclama á Xunta de Galiza, titular do centro de día do Burgo, “explicacións urxentes” tras ser coñecedor, por parte de usuarios e usuarias do mesmo, de presuntas irregularidades, de carácter moi grave, no seu funcionamento. Estas irregularidades abarcan tanto á xestión do persoal do centro de día coma ao seu mantemento.
O Concello modifica o orzamento para incrementar a partida de axudas para situacións de emerxencia
O Concello de Culleredo decidiu incrementar en case 27.000 euros o fondo destinado ás axudas para situacións de emerxencia social. Esta suba realízase mediante un axuste das partidas encadradas na área de Benestar Social, que dirixe a primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, “sensible” ante a situación de primeira necesidade de moitos veciños.
Culleredo denuncia a supresión de axudas da Xunta para o Plan de Desenvolvemento Xitano A primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, denuncia que tras levar desde 1993 recibindo o Concello unha subvención por parte da Xunta de Galicia que apoie á execución do Plan de Desenvolvemento Xitano, o goberno local acaba de atoparse a “desagradable sorpresa” de que o actual executivo autonómico decidiu eliminar esta axuda, o que fai perigar a súa execución.
Listaxes definitivas de admitidos e de agarda nas escolas infantís na convocatoria de setembro
Publicación das listaxes definitivas de admitidos e listaxes de agarda nas escolas infantís radicadas no municipio de Culleredo, correspondentes á convocatoria de setembro.
Programa de Aulas Abertas 2011-2012
Información e Inscrición:
Casa Rosa (O Burgo)
Viaxe á Rioxa
Ábrese o prazo para as actividades municipais de Maiores
Culleredo recibiu 87 solicitudes de axudas para situacións de emerxencia desde que aprobou o seu regulamento
O novo regulamento para a concesión de prestacións económicas para situacións de emerxencia ou de urxente necesidade social posto en marcha polo Concello propicia un reparto xusto dos fondos municipais. Desde que entrou en vigor en maio, foron 38.000 euros os repartidos por este motivo. Clausurados os obradoiros de cociña e habilidades sociais O Concello de Culleredo fixo o acto de clausura dos obradoiros de cociña e habilidades sociais.
Mostra de Artesanía de Fíos e Abelorios
Inauguracións nos Centros Sociais ou Culturais ás 19.00h Mostra de Teatro e Desfile de costura
Actuarán: Mostra de Teatro e de Bailes do Mundo
Presentación de novos delegados/as parroquiaisPresentación de novos delegados/as parroquiais Venres 29 de abril ás 17.30h Carmen Bouza, veciña de Castro, celebra o seu 102 aniversarioCarmen Bouza Bao, veciña de Castro (Vilaboa), ven de cumprir 102 anos. O domingo pasado celebrouno coa súa familia: 2 fillas e un fillo, 6 netos, 8 bisnetos e un tataraneto, máis outro que ven en camiño. Axudas individuais para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade
Axudas técnicas para persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia: (DOG Nº40 do 28/02/2011) Prazo: 28 de Abril Rota dos Pazos
Sábado 16 de abril : Aprender para educar
Aprender para educar
Venres 1, 8 e 15 de abril ás 19.00h no Pazo Vila Melania - Vilaboa Novo Ciclo nos Centros de Ensino e Centros Sociais
Prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das escolas infantis 2011/2012Achegamos a resolución da xerencia do Consorcio onde se anuncian os prazos de preinscripción e matrícula das escolas da Rede e o anuncio no DOG. Baile de Entroido e Concurso de disfraces e de larpeiradas
Xuntanza anual de socias/os do Centro de MaioresASEMBLEA XERAL ANUAL DE SOCIOS E SOCIAS DO CENTRO MAIORES
E XANTAR Sábado 26 de febreiro ás 10.00h no Conservatorio de música Prazas vacantes nas aulas abertasPrazas vacantes nas aulas abertas dos seguintes módulos:
Aula de formación Aula para educar en Familia Aula de Retomar os Estudos Básicos Aula de Estimulación Mental Baile de Nadal e Panxoliñas
BAILE DE NADAL E PANXOLIÑAS SÁBADO 18 DE DECEMBRO A partir das 17.00h da tarde Listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda das escolas infantís de Culleredo para o curso 2010-2011Resolución da xerencia do consorcio galego de servizos de igualdade e benestar pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda das escolas infantís de Culleredo para o curso 2010-2011. Camiño De Santiago: Pontevedra – Caldas
Camiño De Santiago. Escolas infantís públicas e centros de díaESCOLAS INFANTÍS PÚBLICAS
|