Debido á evolución da situación epidemiolóxica, o Concello de Culleredo emitiu un bando para lembrar as medidas a seguir por parte da cidadanía como o obrigado uso da máscara e a recomendación dun lavado frecuente de mans e o mantemento da distancia de seguridade.
O Concello de Culleredo prepárase para a celebración de San Xoán, unha festa moi arraigada no municipio. Para regular o festexo, o Concello acaba de publicar o bando onde se recollen as normas de convivencia básicas.
Con motivo da celebración das festas de San Xoán 2018, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá como as lumaradas, os servizos de seguridade e emerxencias, as sardiñadas e barbacoas, as infraccións ou as normas complementarias.
Bando de alcaldía no que se tratan as medidas de aforro que se tomarán no Concello de Culleredo ante a situación de seca que se está a vivir.
O Concello de Culleredo informa, segundo comunicación do Instituto Nacional de Estadística, que o termo municipal de Culleredo disporá de novos códigos postais.
O Concello de Culleredo edita bandos de alcaldía sobre a obriga dos propietarios de terreos de mantelos en perfectas condicións de limpeza e de eliminar a pranta invasora coñecida como plumacho.
O Concello de Culleredo publica un bando de alcaldía para regular as festas de San Xoán 2017. Os promotores de lumeiradas deben comunicalo previamente a sanxoan2017@culleredo.es.
O Concello de Culleredo publica un bando de alcaldía de cara a regular a celebración do San Xoán 2016. Os responsables das lumaradas, sardiñadas, barbacoas ou similares deben notificalo con anterioridade a medioambiente@culleredo.org.
O Concello de Culleredo publica un bando de alcaldía para informar os veciños sobre o proceso de despregamento da rede 4G no municipio, que ocorrerá en Culleredo entre xaneiro e marzo. Os veciños disporán de asistencia gratuíta no caso de ver afectada a sinal de televisión.
Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...
Acceder a los servicios
Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER