Alcaldía

Culleredo propón á Deputación unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recibiu ao presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para asinar o convenio entre as dúas institucións para o financiamento da vivenda tutelada de Culleredo. No acto, os dous mandatarios repasaron os diferentes ámbitos de colaboración que manteñen as dúas entidades e o alcalde avanzou o interese do Concello en acordar unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, actualmente en fase de exposición ao público.
 

Culleredo celebrou o pleno xuvenil con 123 alumnos de 4º de ESO

O Concello de Culleredo celebrou hoxe o seu Pleno Xuvenil, conformado por 123 alumnos de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor. Tratouse da segunda edición da actividade, nacida o ano pasado, e concebida para dar a coñecer o sistema democrático da administración municipal aos mozos.

Culleredo inicia a exposición pública do PXOM, con reuniones nas parroquias

 O Concello de Culleredo iniciou o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Plan exponse na Casa dos Caseiros, situada en Villa Melania (Vilaboa). Estará a disposición dos veciños polo período de 2 meses días. Para facilitar ao máximo o acceso á información, o Concello abrirá a dependencia mañá e tarde. O horario de atención ao público será de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00.

Culleredo destinará 1,4 millóns de euros á realización de obras no ano 2013

O Concello de Culleredo contará no ano 2013 cun forte investimento para a realización de obras ao longo do municipio. Serán un total de 26 actuacións, que se executarán a través de diversos planes e de financiamento municipal, sumando unha contía total de 1.452.220,97 euros. O alcalde de Culleredo apunta que o factor común de todas estas actuacións atópase en que son traballos “necesarios”, programados en torno ao detectado polos servizos municipais e ás demandas trasladadas polos veciños.

Culleredo aproba o Plan Xeral de forma inicial que será explicado en todas as parroquias

O pleno aprobou o pasado xoves o Plan Xeral de Ordenación Municipal de forma inicial. O período de exposición pública iniciarase a mediados de febreiro. O Concello garantirá que chegue a todos os veciños con presentacións en todas as parroquias e a exposición mañá e tarde no Pazo de Villa Melania, con funcionarios presentes para resolver calquera cuestión.

O Concello leva hoxe a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral

O Concello de Culleredo leva hoxe a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento que ordena o crecemento do municipio. Unha vez aprobado polo pleno municipal, procederase á publicación do anuncio no DOG, tras o que se procederá a abrir o período de información pública por dous meses e a dar audiencia aos Concellos limítrofes.

Culleredo establece unha colaboración coa plataforma de afectados polas preferentes

O Concello de Culleredo abre unha liña de colaboración e apoio cos afectados polas preferentes. Así o concretaron os responsables da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas, que foron recibidos na casa consistorial polo alcalde, Julio Sacristán, e a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.
 

O Concello inicia as reunións coa oposición para presentar o Plan Xeral, que irá a pleno o 31

O Concello de Culleredo comezou as reunións previstas cos grupos municipais da oposición de cara á aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O equipo redactor expuxo as liñas xerais e obxectivos do documento, con anterioridade desta forma á Comisión Informativa de Urbanismo. O goberno local prevé levar a aprobación inicial o Plan o próximo 31 de xaneiro, unha vez se dispoñan dos informes xurídicos e técnicos previstos na Louga.

O Concello levará o novo Plan Xeral a pleno en xaneiro tras recibir a proposta do equipo redactor

O equipo redactor do Plan Xeral de Culleredo finalizou o seu traballo e entregou o pasado venres a proposta no rexistro municipal de cara á aprobación inicial. O Concello de Culleredo apunta ao 31 de xaneiro como data para que o pleno debata a proposta. O novo Plan permitirá un desenvolvemento "máis coherente" coa realidade actual de Culleredo, así como "un crecemento máis sostible", sinala o alcalde, Julio Sacristán. Unha vez que o pleno decidise o 31 de xaneiro aprobar o documento, o Concello abrirá un prazo de exposición ao público de dous meses.
 

O Concello impulsa unha alegación ao trazado do Camiño Inglés para evitar a AC-215

O goberno local proporá no pleno unha alegación ao trazado do Camiño Inglés da Xunta de Galicia. O Concello aposta por evitar infraestruturas moi transitadas coma a avenida Electo Carballo e levar o Camiño por rúas de menor intensidade para así protexer ao peregrino. A meirande parte do trazado discorrería polo paseo marítimo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina