Alcaldía

O Concello convoca reunións cos propietarios e comunidades afectadas pola insonorización do aeroporto

O goberno de Culleredo comeza as reunións cos veciños afectados polo Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro, que están a recibir as cartas informativas por parte de AENA. Os encontros van dirixidos aos propietarios de vivendas unifamiliares e aos presidentes e vicepresidentes de comunidades de veciños, se se trata de edificios.

O Concello creará un rexistro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo

O Concello creará un novo rexistro no Burgo, que se sumará ao xa existente na casa consistorial, para facilitar as xestións das parroquias máis poboadas do municipio. O rexistro auxiliar do Burgo instalarase no Edificio de Servizos Múltiples. O seu horario será de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, a partir do 1 de marzo vindeiro.

O Concello completa na praza da Sagrada Familia o plan de arranxo de beirarrúas

O Concello deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, que son os que contan con maior número de beirarrúas. As actuacións, desenvolvidas desde o pasado mes de outubro, complétanse agora co arranxo das beirarrúas na contorna da praza da Sagrada Familia, en Vilaboa.

O Concello incia un servizo que evita aos veciños desprazarse a Tráfico para actualizar o domicilio

O Concello de Culleredo inicia un novo servizo administrativo para facilitar os trámites ao cidadán. Agora, o propio Concello pode xestionar ante a Dirección Xeral de Tráfico os cambios de domicilio relativos a vehículos pertencentes a empadroados no municipio.

Culleredo e a concesionaria do bus metropolitano acordan melloras nas liñas e horarios

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo unha reunión cos responsables da concesionaria do transporte metropolitano con obxecto de pedir variacións ante a reordenación dos servizos. O Concello e a empresa alcanzaron un principio de acordo para adiantar o inicio dos transportes, restablecer o dos mediodías, ampliar os dos sábados e garantir o regreso de todos os cidadáns desde A Coruña ás últimas horas do día.

Culleredo pide cambios na nova configuración do bus metropolitano aprobada pola Xunta

Os cambios no servizo de transporte metropolitano de Culleredo, aprobados pola Xunta de Galicia, non convencen completamente ao Concello. Aínda que si se logran melloras nalgunhas zonas, os novos horarios autorizados a petición das concesionarias dos servizos empeoran a mobilidade de moitos veciños e non dan solución a algunhas das cuestións solicitadas polo goberno municipal.

Tramitación do DNI en Culleredo

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 20 e 23 de decembro de 2013, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania.

O Concello instalará bancos, xardineiras e aparca-bicicletas nas rúas peonís do Burgo

O goberno de Culleredo prepara a humanización das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. Novas xardineiras, bancos, espazos para aparcar as bicis e o traslado dos colectores soterrados en desuso serán as actuacións.

Culleredo denuncia o convenio firmado coa Coruña para o servizo de taxis no aeroporto

Ante os graves incumprimentos do acordo firmado co Concello da Coruña para a prestación do servizo de taxis no aeroporto, o Concello de Culleredo denunciará o convenio e demandará a redacción dun novo para mellorar o sistema. Prevese unha reunión para finais de mes.

Iniciado o asfaltado de Electo Carballo tras concluir as obras no abastecemento de Emalcsa

A empresa encargada da mellora do abastecemento de auga iniciou o asfaltado de toda a avenida de Electo Carballo,cun firme moi deteriorado debido ás obras levadas a cabo nos últimos meses.Será o paso previo á renovación da vía que efectuará o Concello con obxecto de incrementar a seguridade viaria para os peóns.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina