O Concello mellora as prestacións da avenida de Juan Carlos I, unha das rúas con maior tránsito do municipio. O goberno local, que vén de repoñer as bandas rugosas e de colocar un novo espello no cruce con Anxo Senra, anuncia a reparación do asfalto da vía.
O Concello de Culleredo completou a reforma da rúa Estreita de Vilaboa, situada ao final do núcleo e que dá servizo a un importante conxunto de vivendas de carácter unifamiliar. Agora, a rúa presenta un aspecto renovado e con prestacións melloradas.
O Concello de Culleredo comezou os traballos de remodelación do parque infantil de Tarrío. Trátase dunha das actuacións programadas polo goberno municipal para mellorar estas infraestruturas. En 2014, o Concello cubrirá os 5 parques máis empregados.
O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A proposta aprobada polo pleno da corporación consta de 502.240,17 euros, dos que o equipo de goberno reserva o 85% para investimentos.
Os veciños de Vilaboa xa gozan das prestacións do parque Sofía Casanova, reestreado este fin de semana tras as obras de remodelación acometidas polo Concello de Culleredo.
O Concello continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas do municipio. Neste caso, o goberno local acaba de finalizar traballos para modernizar a rede de abastecemento e a pavimentación no Cubo, parroquia de Culleredo.
O Xardín Botánico do Burgo aumenta as prestacións aos usuarios. A elevada actividade cultural e educativa que acolle a instalación, que alberga ademais a aula de Natureza "Juan Lembeye", levou ao goberno de Culleredo a tomar a decisión de crear un aparcadoiro específico para a dependencia.
O goberno de Culleredo continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas para os veciños. Nesta ocasión, o Concello executa a ampliación do servizo de saneamento no núcleo de Toroño, na parroquia de Culleredo.
O Concello de Culleredo executa os traballos de remodelación da rúa Estreita, en Vilaboa. Cun orzamento de 69.000 euros, a obra consiste na renovación da pavimentación da rúa e na dotación de rede de recollida de pluviais.
O goberno local ultima a construción de beirarrúas na rúa Xafontes, entre a Nacional 550 e a ponte que pasa encima da autoestrada AP-9, na marxe dereita. Trátase dun viario que é especialmente utilizado polos veciños de Vilaboa, Laxe ou Conduzo.
Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...
Acceder a los servicios
Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER