Mocidade

Campamentos do Concello de Culleredo para a mocidade

O Concello de Culleredo lanza campamentos de verán destinados especificamente á mocidade. Serán nas dúas primeiras semanas de xulio e totalmente gratuitos, con actividades innovadoras pensadas para a xuventude.

Curso de condución en circunstancias adversas

O Concello de Culleredo ponen marcha o Curso de condución en circunstancias adversas para a mocidade. Será os días 4 e 5 de Xuño na explanada do Paseo Marítimo do Burgo.

Culleredo lanza actividades de robótica e arranxo de bicicletas para os mozos

O Concello de Culleredo estrea novas actividades para os seus veciños novos. O goberno local lanza un taller de introdución á robótica e impresión 3D e outro de arranxo de bicicletas, tratando de ofrecer dúas modalidades innovadoras en canto a programación xuvenil.

Charla informativa sobre o Sistema de Garantía Xuvenil

O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (Cipax),  organiza o mércores, 4 de novembro, unha charla informativa sobre o programa Garantía Xuvenil.

O Concello lanza un programa de actividades para mozos

O Concello de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. Desenvolveranse os venres no centro social de Fonteculler. Ademais, o sábado 31 celebrarase unha Festa do Samaín.

Curso de condución segura para mozos

O Concello de Culleredo lanza un curso de condución segura para mozos, gratuíto, que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño, no recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo. Cada un dos días haberá un curso, en horario de 9.00 a 18.00 horas.

O Concello formará aos mozos na conducción en situacións adversas

O Concello de Culleredo dirixe esforzos en materia de educación viaria para os mozos do municipio. O curso de condución segura levarase a cabo en dúas edicións o fin de semana do 25 e 26 de outubro. As sesións impartiranse no espazo multiusos do paseo marítimo do Burgo, en horario de 9:00 a 18:00.

O Concello lanza actividades para mozos todos os venres do trimestre

O goberno municipal de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. Desenvolveranse todos os venres deste trimestre, desde o 17 de outubro ata o 19 de decembro, no centro social de Fonteculler.

O Concello ofrece zumba gratuíta no verán para os mozos

O Concello de Culleredo lanza un curso de zumba durante o verán, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 18 anos de idade, de carácter gratuíto. Terá lugar todos os venres de xullo e agosto en horario de 20.00 a 21.00 horas no centro social de Fonteculler.

O Concello informará aos mozos dos programas europeos para a xuventude

O Concello de Culleredo organiza o luns 28 de outubro o obradoiro "Movete con Europa". Está dirixido á mocidade cullerdense, de 16 a 30 anos de idade, co obxecto de dar información sobre os distintos programas europeos á súa disposición.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina