Actividade Municipal

O teu Nadal, en Culleredo

O Concello de Culleredo lanza unha ampla programación de Nadal, con actividades variadas para todas as idades.

Campaña de recollida de xoguetes para familias de Culleredo

O Concello de Culleredo pon en marcha unha campaña de recollida xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos. Pódense entregas en centros de ensino e edificios municipais ata o 15 de decembro.

Eleccións a delegados parroquiais do Club +65

O Concello publica a listaxe de candidatos e calendario de elección dos delegados parroquiais do Club +65.

Campamento urbano de Nadal 2016

O Concello de Culleredo organiza un ano máis un campamento urbano de Nadal, para propoñer unha alternativa de ocio educativo nas vacacións escolares. O prazo de matrícula comprenderá entre o 1 e o 13 de decembro.

Obradoiro de risoterapia para mocidade

O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de risoterapia, dirixido a mozos e mozas de 11 a 13 anos de idade. Será no centro municipal Pablo Picasso os días 22 e 23 de novembro en horario de 18.00 a 19.00 horas. A inscrición está aberta ata o día 21 no correo cipax@culleredo.es.

Concerto solidario "Ningún neno sen Nadal"

O paseo marítimo do Burgo acolle o venres 3 de decembro ás 20.30 horas un concerto solidario, con grupos de renome, coa finalidade de recadas xoguetes. O obxectivo: alcanzar as 400 doazóns.

Vacantes nas actividades de benestar e saúde

O Concello de Culleredo publica as prazas que quedaron vacantes nos grupos de actividades de benestar e saúde. Os interesados poden dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo e poderían incorporarse ás actividades en xaneiro.

XXII Cursos de Micoloxía do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo atenderá  a gran afección polos cogomelos que existe agora no municipio e na comarca con dúas edicións do curso de micoloxía. A iniciativa alcanza este ano a súa XXII edición con gran expectación entre os veciños.

III Andaina TP-Galicia polo monte Xalo

Culleredo buscará sensibilizar sobre os trastornos de personalidade na III Andaina Solidaria da asociación TP GALICIA polo monte Xalo. Terá lugar o domingo 30 de outubro, en colaboración co Concello de Culleredo e con Castelo Deporte.

Vacantes nas actividades culturais, deportivas e de benestar 2016-2017

O Concello de Culleredo publica as listaxes coas vacantes nas actividades culturais, deportivas e de benestar convocadas para a tempada 2016-2017. As persoas interesadas en optar a elas poden facelo desde o venres 7 ao martes 11 de outubro, en rigorosa orde de inscrición.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina