Actividade Municipal

Información sobre a admisión no curso de Monitor/a de tempo libre

O Concello de Culleredo informa de que todas persoas que solicitaron participar no curso de monitor/a de actividades de lecer e tempo libre foron admitidas. O servizo de Xuventude comunicaralles os vindeiros 22 e 23 deste mes a documentación que deben presentar.

ACTA DO SORTEO PÚBLICO REALIZADO PARA A SELECCIÓN DAS PERSOAS USUARIAS DOS HORTOS URBANOS DO XARDÍN BOTÁNICO DO BURGO E DO PAZO DE VILA MELANIA DE VILABOA

Consulta aquí a acta do sorteo público realizado para a selección das persoas usuarias dos hortos urbanos do xardín botánico do Burgo e do Pazo de Vila Melania de Vilaboa. 

 

Emprazamento do sorteo de hortos urbanos do Concello de Culleredo

Para asistir como público ao sorteo do proxecto formativo para a sustentabilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024, comunicamos que o acto terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro ás 10:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso", sito na rúa Antonio Machado, s/n, O Burgo, Culleredo. 

Recollida das tarxetas regalo de Mercar en Culleredo ten premio!

O Concello de Culleredo informa de que a entrega das tarxetas regalo aos gañadores e gañadoras da campaña "Mercar en Culleredo Ten Premio!" continúa con cita previa. Quen non fóra a recoller a tarxeta pode chamar ao 620 008 450.

Sorteo do Concurso de Escaparatismo de Nadal

O Concello de Culleredo publica a listaxe de persoas gañadoras de tarxetas regalo por participar nas votacións do Concurso de Escaparatismo de Nadal, unha vez realizado o sorteo.

Sorteo da campaña "Mercar en Culleredo ten premio"

O Concello de Culleredo publica os resultados do sorteo das tarxetas regalo dentro da súa campaña Mercar en Culleredo Ten Premio! As tarxetas entregaranse na semana do 25 de xaneiro

Listaxe provisional do proxecto de formación para a sustentabilidade ambiental: plantación e producción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024

Consulta aquí as listaxes provisionais do proxecto de formación para a sustentabilidade ambiental: plantación e producción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024.

Mercar en Culleredo ten premio!

O Concello de Culleredo emprende unha campaña para incentivar as compras nos establecementos locais a través do sorteo de 6.000 euros en tarxetas regalo. Consulta as instruccións e comercios participantes na iniciativa.

Inscrición no plan de formación de horticultura ecolóxica dos hortos urbanos do Concello

O Concello de Culleredo pon en marcha o plan de formación de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do municipio. No Botánico haberá 25 prazas dispoñibles, dúas delas reservadas a asociacións municipais, e en Vila Melania poñeranse ao dispor das usuarias e usuarios un total de 14. O prazo de inscrición está aberto do 2 ao 30 de novembro de 2020. 

Pleno extraordinario do 5 de novembro de 2020

O Concello de Culleredo celebra o xoves 5 de novembro, ás 13.00 horas, a sesión extraordinaria urxente do pleno da corporación. Poderá seguirse por YouTube.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina