Tablón Oficial

Reunión informativa sobre as Mañás de Campamento 2013

O sábado día 22 de xuño, ás 12.00 horas, no salón de actos do edificio do Conservatorio Municipal de Música (r/ Andrés Pan Vieiro, 30. O Burgo), terá lugar a reunión informativa sobre o programa municipal de " Mañás de campamento 2013", para todas as familias participantes en dito programa.

Listaxe de admitidos/as no curso de Horta Ecolóxica

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego de Culleredo publica a listaxe dos participantes admitidos para a realización do curso de "Horta Ecolóxica". Terá lugar nas vindeiras semanas en Villa Melania.

Conservatorio Municipal de Música: calendario e vacantes para o curso 13-14

O Concello de Culleredo publica o calendario do curso próximo do Conservatorio Municipal de Música e as vacantes nas diferentes especialidades para primeiro de grao elemental e profesional. O luns, 3 de xuño ábrese o prazo para inscribirse as probas de acceso a 1º de grao elemental.
 

Listas de admitidos e de agarda nas escolas infantís

O Concello de Culleredo recibiu da Xunta de Galicia as listas definitivas de admitidos e as de agarda das tres escolas infantís radicadas no municipio, de cara ao curso 2013-2014.

Listaxes de admitidos, de agarda e non admitidos nos XIV Campamentos de verán

O Concello de Culleredo publica as listaxes de participantes admitidos, listaxes de agarda e de non admitidos nas XIV Mañás de Campamento, que se celebrarán ao longo do verán.

Listaxes co alumnado admitido aos cursos e talleres da programación do ano 2013 “Formación para o Emprego”

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego publica as listaxes do alumnado admitido aos cursos e talleres correspondentes á programación do ano 2013 “Formación para o Emprego”. Nos documentos adxuntos, asemade,  pódese consultar o día e a hora de inicio dos devanditos cursos e talleres.

Sorteo de prazas das XIV Mañás de Campamento

O Concello de Culleredo efectuará o venres 10 de maio o sorteo público das prazas para a XIV edición das Mañás de Campamento: Campamentos que concilian. Terá lugar no servizo municipal de educación, sito no Conservatorio de Música ás 9:30 horas.

Listaxes de convocados/as para as probas de selección dos cursos e talleres correspondentes á programación do ano 2013 “Formación para o Emprego”.

A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego publica as listaxes de convocados/as para as probas de selección dos cursos e talleres correspondentes á programación de 2013 “Formación para o Emprego”.

Tramitación do DNI no Concello de Culleredo

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 25 e 26 de xuño, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania. Haberá que solicitar cita con anterioridade, desde 0 2 de maio, ben en persoa en ditas oficinas ou no número de teléfono 981 65 00 77, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
 

Exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana

Abrese o prazo de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dende hoxe día 15 de febreiro, durante un prazo de dous meses. Poderá ser consultado nas oficiñas preparadas para tal fin na Casa dos Caseiros, en Villa Melania (Vilaboa) en horario de 10 a 14 e de 17 a 20, ou ben nesta páxina web, nos seguintes enlaces:

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina