Tablón

Feira de Artesanía do 17 de maio

O Concello de Culleredo organiza unha nova edición da súa Feira de Artesanía o vindeiro mércores 17 de maio, en coincidencia co Días das Letras Galegas. Será na praza de Europa do Burgo en horario de 12.00 a 20.00 horas.

Campionato de tute Concello de Culleredo

Avanza o XIX Campionato de Tute do Concello de Culleredo. O venres 19 de maio ás 21.00 horas en Celas proseguirase coa quinta.

Apertura do proceso de matrícula do curso 17-18 do Conservatorio Municipal

O Conservatorio lanza a matriculación para o próximo curso. A inscrición nas probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental comprenderá entre o 5 de maio e o 14 de xuño. Haberá unha reunión informativa para as familias interesadas o xoves 4 ás 20:00 horas.

Listaxe de admitidos nas Mañás de Campamentos 2017

O Concello de Culleredo publica a listaxe de admitidos no programa XVIII Mañás de Campamento que Concilian. A matrícula será do 2 ao 12 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.

XIX Campionato de Tute Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo comeza a fase final do seu XIX Campionato de Tute. Reunirá a 64 parellas procedentes de diferentes parroquias. A primeira xornada será o venres 21 ás 21.00 horas no Bar Lamelas de Celas.

Prazas vacantes no curso de prevención de riscos laborais para traballos de albanelaría

O Concello oferta catro prazas vacantes no curso de prevención de riscos laborais para traballos de albanelería, incluído no Plan de Formación municipal. Poderase optar do 21 ao 24 de abril.

Celebración sorteo de adxudicación de prazas para cursos de formación propia

Os días 4 e 6 de abril celebráronse no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, os sorteos para a adxudicación das prazas dos cursos de formación propia que se impulsan desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego.

Xornada sobre axudas a emprendedores do Leader e do grupo do sector pesqueiro

O Concello de Culleredo acolle o martes 4 de abril ás 19.00 horas no salón de plenos unha xornada informativa sobre as axudas a emprendedores que os veciños poden obter por un lado do Programa Leader 2014 - 2020 que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos, e por otro lado do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro.

Sorteo de prazas para os cursos de competencias clave e para o Plan de Formación 2017

O Concello informa de que o sorteo para adxudicación de prazas nos cursos de competencias clave será o martes 4 de abril ás 10.00 horas e o sorteo para a adxudicación de prazas para as accións do Plan de Formación será o xoves 6 de abril ás 10.00 horas. En ambos os dous casos será no centro municipal Pablo Picasso.

Campamentos de verán 2017

O Concello de Culleredo abre entre o luns 27 de marzo e o venres 7 de abril o prazo de solicitude de praza para os seus campamentos de verán. Desenvolveranse nos colexios durante o verán en horario de mañá, co obxecto de favorecer a conciliación.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina