ESCOLAS MUNICIPAIS DE CULTURA
Impártense cursos de baile galego, ballet e danza, ioga, cerámica, confección industrial, debuxo e pintura, óleo, gaita, percusión, guitarra, informática, inglés, manualidades...
Están divididas en dous grupos: nenos/as e persoas adultas.
CURSOS:
TEATRO, MAXIA:
Realízanse diversas representacións anuais, no edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
ACTIVIDADES MUSICAIS E FOLCLÓRICAS:
- Música clásica, jazz, rock, concertos didácticos.
- Festival internacional de pulso e púa "Cidade da Coruña".
- Encontros folclóricos "Ancoradoira".
- Diversos certames de corais (Habaneiras, Nadal, "Fonte do Souto"...).
ACTIVIDADES ARTÍSTICAS:
Realizaranse anualmente diversas exposicións na Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago" dos Muíños de Acea de Ama, e na Aula de Natureza "Juan Lembeye" do Xardín Botánico do Burgo.
No contorno deste último lugar celébrase anualmente o Concurso de debuxo e pintura "Pintor Argüelles", dirixido a todos os públicos.
ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA:
Nas bibliotecas municipais organízanse anualmente:
FESTAS POPULARES:
Entroido:
Prográmanse actividades relacionadas co Entroido en colaboración con centros culturais e veciñais do municipio, así como outras propias da Concellaría. Destaca o luns de Entroiod do Val de Veiga.
Magosto:
Celébrase no parque da Torre de Celas, en novembro, en colaboración coa Asociación "O Cruceiro" de Celas.
NADAL:
Nas vacacións de Nadal, organízase un campamento, complementado con actividades musicais e teatrais direxidas ao público infantil.
OUTRAS ACTIVIDADES E SERVIZOS:
- Conferencias, presentacións de libros.
- Proxeccións cinematográficas.
- Asesoramento a particulares, estudantes e universitarios sobre historia e patrimonio histórico de Culleredo.
- Edicción de folletos turísiticos, unidades didácticas sobre as Letras Galegas...
- Visitas guiadas, para centros de ensino, ao museo dos Muíños e ao Xardín Botánico do Burgo.
- Colaboración con comisións de festas, organizándose algunha actividade.
- No día das Letras Galegas celébrase un festival nas instalacións do Centro Cultural de Vilaboa o 17 de maio.