Culleredo implicará a empresas e asociacións coa recollida de xoguetes porta a porta para Cruz Roja

O  Concello de Culleredo e Cruz Roja poñen en marcha unha campaña que ten como obxectivo, por unha banda, conseguir xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos de Culleredo e por outro ofrecer unha canle para a solidariedade veciñal que ano tras ano mostra o seu desexo de colaborar.
 
Nesta ocasión, ante a situación sanitaria pola COVID19, o Concello toma medidas para facilitar a participación á vez que minimizar o risco de contaxio. A Oficina Municipal de Voluntariado organiza a iniciativa e desprazarase porta a porta a empresas e asociacións que colaboren para recollerlles os xoguetes depositados.
 
O alcalde, José Ramón Rioboo, dirixirase precisamente a estas entidades para chamar á cooperación. “ Nun ano tan complicado como este  pola pandemia é máis importante que nunca a  solidariedade con  quen ou necesita”, apunta. Os xoguetes irán destinados ás familias con menos recursos económicos do municipio.
 
As empresas e asociacións son os principais axentes que quere implicar o Concello. As persoas que desexen colaborar a título individual poden depositar os xoguetes na Casa do Concello, o Edificio de Servizos Múltiples ou no centro de formación Pablo Picasso.
 
Os requisitos dos xoguetes que pide Cruz Vermella son: que sexan novos sen estrear, non sexistas e non bélicos. Preténdese que os nenos que os reciban non cambien a súa ilusión por  frustación.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina