Culleredo renova a rúa Fernando Pérez de Traba, no centro do Burgo

A rúa Fernando Pérez de Traba, en pleno centro do Burgo, xa conta cunha nova imaxe. O  Concello de Culleredo executou as obras de renovación da vía, de eminente carácter residencial, para mellorar as súas condicións no uso diario por parte dos veciños.
 
A rúa ten unha lonxitude de 216 metros e un ancho de 9 metros. O obxectivo da actuación consistiu no acondicionamento da firme calzada, que se viu afectado polo paso do tempo.
 
Procedeuse nun primeiro momento á demolición do pavimento máis deteriorado para a súa posterior reparación e asfaltado, xa realizado. Tamén se efectúa o  recrecido dos pozos e tapas existentes, poñéndoos a cota da calzada.
 
Estanse  repintando agora as marcas viarias de 10 centímetros dos aparcamentos ao longo de toda a actuación, así como as marcas viarias das prazas para mobilidade reducida. Tamén se dispoñen dous pasos para peóns e as zonas para a instalación dos contedores.
 
Os traballos están a completarse hoxe. O investimento nas obras ascende a 27.290 euros.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina